Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2026

Manuel Rivas, premio dos Clubs de Lectura 2026

Imaxe
  O escritor  Manuel Rivas  foi recoñecido co Premio dos Clubes de Lectura 2026, por ser o autor máis lido polos clubes de lectura do ámbito educativo. S alientou "a importancia da boca da literatura, pois esta non fala para un discurso nin para un axioma, senón para ver o que non está ben visto, para achegarse á zona secreta do ser humano que fala da dúbida, da complexidade, do matiz".

Día Mundial do Libro 2026

Imaxe
Achégase o  Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor , en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional  edítase o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2026. Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso á Doutora en Xornalismo, escritora e xestora cultural  Eva Mejuto , recoñecida polo lectorado infantil e xuvenil galego co  Premio dos Clubs de Lectura 2021. Un fermoso agasallo para as bibliotecas escolares de Galicia que convida a celebrar o libro e a lectura: "... porque cando lemos todo é posible, sobre todo o imposible". Postal do Día do Libro 2026

XXI Xornadas Literarias do Concello de Neda: Galician Noir

Imaxe
  As Xornadas Literarias sempre son moi interesantes pero nesta ocasión contar con Arantza Portabales, Marta Villar, Rober Cagia, Diego Ameixeiras, Óscar Reboiras, Pedro Feijoo e Isabel Ramos Breijo.

Día do Libro Infantil e Xuvenil: "Planta historias e o mundo florecerá"

Imaxe
  Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil (DILI, ou ICBD nas súas siglas inglesas) co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional desta efeméride e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe e o cartel dirixido a todos os nenos do mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc. En 2026, o país elixido é Chipre, e o cartel está feito por dous creadores de libros infantís. O tema deste ano é “Planta historias e o mundo florecerá” (Plant stories and the world will bloom), un fermoso lema que recoñece o valor das historias, os libros e a lectura, así como o seu potencial para mellorar o mundo, á vez que salienta a nece...