Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta aniversario

Mafalda está de 60 aniversario

Imaxe
  Mafalda, o personaxe máis famoso de  Quino  publicouse por primeira vez o 29 de setembro de 1964 na revista semanal  Primera Plana . Seis meses máis tarde da súa primeira aparición, comezou a publicarse unha tira diaria no periódico  El Mundo  e, no Nadal de 1966 lanzouse o primeiro álbum, cuxos exemplares esgotáronse en dous días. Sesenta anos máis tarde, esta intelixente nena segue sendo popular a nivel internacional.

ANPA: PLACA DO PEQUE CORO E PLANTACIÓN DE CEREIXEIRAS

Imaxe
O pasado venres 29 de maio o ANPA, a partir dunha iniciativa dos país e nais dos nenos e nenas que forman o Peque Coro e grazas á dirección do centro que autorizou o acto, plantou cinco cereixeiras, unha por cada ano de vida do coro. As cereixeiras   O Peque Coro, no acto de plantación das cereixeiras    Ao día seguinte, sábado 30 de maio , o Peque Coro do "Xan Viaño" grababa o seu tradicional CD do curso. Aproveitando a ocasión o ANPA participou na entrega dunha placa conmemorativa de "O Peque Coro" que o pintor e escultor ferrolán  Nito Horus fixo e que gustosamente donou para agasallar a Catuxa e Alexadra, e dar así un recoñecemento público ao estupendo traballo que de forma altruista veñen desempeñando estes anos. Noraboa tamén desde a biblioteca polo traballo e os bos momentos que nos dades. E que veñan moitos anos máis como este. Galería de imaxes   Os Peque Coristas no acto do sábado A Placa Alexandra e C...

PEQUE CORO: CONCERTO V ANIVERSARIO

Imaxe
 O pasado 7 de maio ás 19:00 no Auditorio do noso Conservatorio tivo lugar o concerto que deu o Peque Coro polo seu quinto aniversario.     Página oficial do Peque Coro    Comentaremos que o Auditorio quedouse pequeno para todo o público que asistiu e que foi moi emotivo. Ao longo do programa foron acompañando ao peque coro -ademais do piano de Alexandra Pita- antigos peque coristas cos seus instrumentos. Case ao final do concerto, a súa directora tiña unha sorpresa para todo o Peque Coro pois os profes subiron ao escenario e cantaron xunto con eles " The sun is shining ", unha canción moi especial para o coro.   A continuación colgamos un par de videos editados para a ocasión polo ANPA: primeiro o tema " Can you hear me?" de Bob Chilcott, unha peza moi coñecida no mundo coral que fala dun neno xordo que se comunica con nós a través do movemento das súas máns, con acenos; a continua...

ANPA: OFRENDA FLORAL A XAN VIAÑO

Imaxe
  Hoxe na entrada atopamos unha ofrenda floral a Xan Viaño polo aniversario do seu falecemento.  Nas columnas atoparemos a súa biografía e o catálogo de obras do autor.   "Ofrenda floral do ANPA a Xan Viaño polo vixésimo aniversario do seu falecemento. O 26 de marzo de 1991" O ramo de flores está composto de Fresia e Solidago.  Desde o venres 27 atoparemos fotos do compositor decidas amablemente pola familia.