Materiais dos Encontros PLAMBE15 e Ángel Carracedo
Os pasados 12 e 13 de marzo de 2015 celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2014/2015 , coa asistencia de 550 profesoras e profesores, responsables das bibliotecas escolares integradas neste programa da consellería. En redEB , o espazo moodle de Bibliotecas Escolares de Galicia, están dispoñibles xa os materiais destes encontros, co fin de que os equipos de bibliotecas e todo o profesorado interesado poida acceder ás presentacións dos relatores e a outras informacións de interese sobre os contidos do programa. Entre os materiais dispoñibles, a versión pdf do cómic VIVIR NO SOLO , con guión de Marilar Aleixandre, editado co gallo da celebración do ano 2015 como Ano Internacional dos Solos . Esta publicación, da Delegación Territorial da Sociedade Española da Ciencia do Solo en Galicia , coa colaboración do concello de Santiago de Compostela, foi distribuída nos encontros de forma que puidese chegar, en formato imp...