CDAEM – Centro de Documentación das Artes Escénicas e da Música: a Obra de Xan Viaño no Mapa de Patrimonio Musical Español
Dende a Coordinación da Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño de Ferrol, quérese informar e visibilizar o resultado do traballo que se fixo neste fin de curso, en colaboración co Centro de Documentación das Artes Escénicas e da Música (CDAEM), do Ministerio de Cultura.
Traballouse con Cristina Marcos Patiño, unha das documentalistas do CDAEM. O seu interese por saber o estado de descripción do fondo de partituras do compositor Xan Viaño, que se aloxa no noso centro, para un traballo que está a facer, adicado á música contemporanea española, levou a revisar e actualizar dito fondo.
Creouse un apartado neste blog que atoparedes á esquerda da páxina principal, coa imaxe que tedes nesta publicación, a cal tamén se creou exclusíbamente para identificalo. Nel, podedes atopar o listado actualizado das catalogacións do fondo que están no noso centro.
Grazas a isto, conseguimos informar sobre a obra do compositor que da nome ao noso centro, Xoan Alfonso Viaño Martínez 'Xan Viaño' (1960-1991) e tamén aumentar a visibilidade da biblioteca e a do noso centro.
Dende agora formamos parte do Mapa de Patrimonio Musical Español que elaboran e difunden no CDAEM.
Premendo sobre o nome da Biblioteca, veredes a ficha completa, onde ademais dos datos de localización, aparece a ligazón da descripción do fondo persoal e tamén unha ligazón ao propio conservatorio, coa descripción do noso catálogo na Rede (Proxecto Meiga).
Saúdos,
Soraya García Riveiros
Coordinadora da Biblioteca José Fontenla Leal
CMUS Xan Viaño de Ferrol

Comentarios
Publicar un comentario