Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta creatividade

Imaxes das postais do "II Concurso de Postal de Nadal Musical" curso 2025/26

Imaxe
Aquí tedes as imaxes das fermosas postais que se presentaron este ano ao concurso.  Moitas grazas a todos e a todas por participar e, dende o Equipo de Biblioteca e o EDLG do Xan Viaño, queremos desexarvos un bo nadal. Descansade moito e collede forzas para o ano que ven.  Moitas apertas quentiñas.  Coidádevos ben e nunca xamais esquezades sorir e xogar......  e tamén tocar !! O Equipo de Biblioteca e o EDLG. CMUS Xan Viaño de Ferrol

Premiados no II Concurso de Postal de Nadal Musical

Imaxe
Boa tarde a todos e todas. Comprácenos anunciar os e as gañadoras desta nova edición do II Concurso de Postal de Nadal Musical. Antes de nada, dar as grazas pola tan boa acollida e tan numerosa participación este curso.  Por iso este ano, e saltándonos as bases publicadas un pouco presionados polo trasno Brétemo, este ano concederemos un 1º premio e catro 2ºs premios. Estaba moi reñida a cousa e a calidade das postais este ano foi moi boa, por iso fixemos unha excepción.  Todos e todas as participantes terán o seu diploma de agradecemento xunto con un pequeno agasallo. Os gañadores, levarán un vale cunha dotación económica, para canxear por material musical, cunha caducidade dun ano. Vémonos na biblioteca o día 18 de decembro ás 17:00 h. para a entrega de premios, vales e agasallos.  Grazas e parabéns a todos e todas por participar !! O Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.

II CONCURSO DE POSTAL DE NADAL MUSICAL. ORGANIZA A BIBLIOTECA JOSÉ FONTENLA LEAL DO CMUS XAN VIAÑO

Imaxe
 XA PODEDES PARTICIPAR !!! TEDES O BUZÓN NA BIBLIOTECA PARA DEPOSITAR AS VOSAS CREACIÓNS. A POSTAL GAÑADORA CO 1º PREMIO FARASE PÚBLICA NA PÁXINA WEB DO CENTRO E TAMÉN SE ENVIARÁ ÁS FAMILIAS POR CENTROS NET PARA FELICITAR O NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. LEMBRADE LER BEN AS BASES, SOBRE TODO EN RELACIÓN Á LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS. SE TEDES ALGUNHA DÚBIDA, PREGUNTADE A UN DOCENTE DE GARDA QUE ESTEA NA BIBLIOTECA OU Á COORDINADORA NO AULA 15, SORAYA. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!! 

MICRORRELATOS GAÑADORES DO II CONCURSO DE MICRORRELATOS DE SAMAÍN

Imaxe
Estamos moi ledos de amosar e anunciar os Microrrelatos gañadores das tres modalidades do "II Concurso de Microrrelatos de Samaín". Pola lei de protección de datos, non faremos públicos os nomes dos e das gañadoras pero sí as imaxes dos relatos. Tamén poñemos os relatos que quedaron sen premio pero que recibirán un agasallo por participar. Lembrade que entregaremos os diplomas e os premios esta tarde ás 17:30 h. na biblioteca José Fontenla Leal do Xan Viaño. Podedes vir disfrazados/as e tamén nos gostaría que lérades eses relatos tan orixinais que presentáchedes.  Moitísimas grazas a todos e todas por participar !!   Grazas á vosa participación e ás vosas creacións, podemos seguir a facer actividades coma esta 👏🎉 O Equipo de Biblioteca Premio ao mellor Microrrelato con Ilustración do II Concurso de Microrrelatos de Samaín Hai que medo miña nai ! Premio ao mellor Microrrelato máis orixinal e divertido do II Concurso de Microrrelatos de Samaín A pantasma do conser Premio ao ...

Visitas guiadas dos grupos de 1º de G.E. na Biblioteca do CMUS Xan Viaño

Imaxe
Os días 6 e 7 de outubro , faranse unhas visitas guiadas aos grupos de 1º de G.E. de este novo curso 2025/26.  Nelas, amosarase o funcionamento da biblioteca e tamén, farase a entrega ao alumnado de cada grupo, do seu carné persoal co número de usuario para poder retirar fondos. Ese carné debedes de gardalo e levalo sempre que queirades coller algún libro na biblioteca, ou ben aprender o voso número de memoria. Esta actividade está organizada polo Equipo de Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño e o Departamento de Linguaxe Musical. Vémonos !!  Soraya García Riveiros Coordinadora da Biblioteca José Fontenla Leal CMUS Xan Viaño de Ferrol

II Concurso de Microrrelatos de Samaín 2025/26

Imaxe
Desde o EDLG e o Equipo de Biblioteca do CMUS Xan Viaño, un ano máis, propoñémosvos un concurso de microrrelatos para o Samaín, o II Concurso de Microrrelatos de Samaín . Podedes consultar as bases aquí   así coma nos carteis que hai colocados polo centro. Xa está aberto o plazo para participar dende o día de hoxe, e tedes ata o día 24 de outubro . Ao longo do mes, publicaremos a data na que concederemos os premios. Estade atent@s! Animádevos a participar e sede creativos!  Hai premio para o mellor microrrelato de cada categoría!

Gañadores do I Concurso de Poesía organizado pola Biblioteca José Fontenla Leal eo EDLG

Imaxe
Deixamos aquí os nomes dos gañadores do I Concurso de Poesía,  organizado pola coordinación do equipo de Biblioteca José Fontenla Leal e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Moitísimas grazas a todos e a todas por participar. Faremos a entrega dos diplomas e dos premios o mércores 14 de maio ás 17:15 h. na Biblioteca do Xan Viaño. Os participantes tamén recibirán o seu diploma de agradecemento pola súa participación. Parabéns a todos e a todas !!