Premiados no II Concurso de Postal de Nadal Musical
Boa tarde a todos e todas. Comprácenos anunciar os e as gañadoras desta nova edición do II Concurso de Postal de Nadal Musical. Antes de nada, dar as grazas pola tan boa acollida e tan numerosa participación este curso.
Por iso este ano, e saltándonos as bases publicadas un pouco presionados polo trasno Brétemo, este ano concederemos un 1º premio e catro 2ºs premios. Estaba moi reñida a cousa e a calidade das postais este ano foi moi boa, por iso fixemos unha excepción.
Todos e todas as participantes terán o seu diploma de agradecemento xunto con un pequeno agasallo. Os gañadores, levarán un vale cunha dotación económica, para canxear por material musical, cunha caducidade dun ano.
Vémonos na biblioteca o día 18 de decembro ás 17:00 h. para a entrega de premios, vales e agasallos.
Grazas e parabéns a todos e todas por participar !!
O Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.


Comentarios
Publicar un comentario