Fondo Solidario de Libros no CMUS Xan Viaño de Ferrol
📚🧸 Fondo Solidario de Libros: ¡Participa!
Dende a coordinación da Biblioteca José Fontenla Leal do noso centro CMUS Xan Viaño, poñemos en marcha unha fermosa iniciativa, que enmarcamos dentro do Plan Proxecta +: o noso Fondo Solidario de Libros.
Queremos fomentar a lectura e, ao mesmo tempo, ser solidarios. A nosa proposta inclúe dúas vertentes:
1. Leva un exemplar para ti 📖
Poñemos á vosa disposición un fondo de libros para que calquera persoa que o desexe poida coller algún exemplar de balde.
2. Solidariedade Infantil e Xuvenil 🧸🏥
Tamén organizamos unha recollida de libros infantís e xuvenís para unha causa marabillosa: doalos á Biblioteca de Pediatría do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide de Ferrol. A túa doazón pode axudar a facer máis levadeira a estancia dos nenos e nenas no hospital.
Grazas de antemán pola túa colaboración!
Onde e cando?
📅 Dispoñibilidade: A partir de mañá, mércores 2 de decembro.
📍 Lugar: No recibidor do centro.
📍 Lugar: No recibidor do centro.
Puntos de localización:
- Os libros dispoñibles para levar estarán no expositor de madeira (ao lado da mesa grande onde tamén se fará a recollida de alimentos).
- As doazóns de libros para o hospital depositaranse nun caixón colocado na mesa xunto ao expositor.
Agardamos a vosa participación!
Atoparás tamén o cartel da actividade na mampara da biblioteca no recibidor e nas redes sociais do centro.

Comentarios
Publicar un comentario