Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2023

2º PUZZLE COLABORATIVO

Imaxe
  Dende hoxe temos na biblioteca outra proposta de puzzle colaborativo. Nesta ocasión os instrumentos dunha orquestra sinfónica.  Por se vos animades, lembramos as instrucións e esperamos que o disfrutedes moito. Aí está...

PROXIMAMENTE: ASESORÍA, ENCONTROS DOS CENTROS PLAMBE

Imaxe
 

NOVIDADES: historia da música

Imaxe
Temos novidades na especialidade de linguaxe musical ( H.V /can ;  *R8004). A Orquestra Clásica de Vigo achéganos este exemplar de Canto de emigración. Historia da música de Teódulo R. Páramos , un proxecto de documentación e divulgación no que participan Pepe Coira, Alejo Amoedo, Marcos Amado e Manuel Martínez Torres. " Esta é unha historia trazada coas pegadas da memoria en torno a unha obra perdida. Vestixios que dixou ao seu paso Canto de emigración, unha película dirixida por Antonio Román en 1935, obra única e vangardista do patrimonio fílmico galego.  No ano 2021 iniciouse un traballo de investigación dirixido por Pepe Coira para imaxinar este filme perdido, partindo do ronsel que chegou ata os nosos días en forma de fotogramas, reseñas na prensa, fotografías, o guión e a música. Esta última é o cerne deste libro. Unha partitura, composta por Teódulo R. Páramos e custodiada pola súa familia, resultou ser alicerce fundamental. O fío co que tecer unha historia da música e os

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: MAÑÁ

Imaxe
                                                                        Fuente: Sociedad Filarmónica Ferrolana

NOVIDADES: LINGUAXE MUSICAL

Imaxe
Temos novidades na especialidade de linguaxe musical ( L.L 157, *R8003) Podes consultar a súa disponibilidade na  OPAC

NOVIDADES: DOSSIER Graó

Imaxe
                                      Xa está disponible en sala o derradeiro número de  Dosier de Graó.

CONCURSO: RETO MUSICAL. BASES

Imaxe
  BASES :     1.  Participantes:  alumnado do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Cada alumna/o pode participar unha vez.     2.  Requisitos:  responder correctamente a cada un dos TRES retos propostos no blog da biblioteca:  http://bibliotecajosefontenlaleal.blogspot.com - O reto nº 1 publicarase o día 24 de marzo - O reto nº 2 publicarase o día 31 de marzo - O reto nº 3 publicarase o día 14 de abril     3.    Respostas:  cada participante deberá escribir nunha folla a resposta do reto xunto cos seus datos (nome completo, curso, número do reto e resposta). Exemplo: Nome: _____________________ Curso: _____________________                                     Resposta: Reto 1:_____________________       Tamén se poderá concursar nunha única participación a partir da publicación do reto nº 3 tendo que responder aos tres retos tal que así: Nome: _____________________ Curso: _____________________                                     Respostas: Reto 1:_____________________ Reto 2:_____________________

III RETO MUSICAL

Imaxe
 

NOVIDADES: PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS

Imaxe
                          Xa está dispoñible o derradeiro número de Eufonía ( R.M euf94, *R8001 ) Acceso ao seu contido dixital:  REVISTA EUFONIA - 094 (ENERO 23) - Educación musical y competencias - Publicacions Editorial Graó (grao.com) Podes consultar a súa disponibilidad na  OPAC

CONCURSO MANUEL MARÍA DE COMPOSICIÓNS MUSICAIS

Imaxe
 Grazas á Fundación Manuel María de estudos galegos tedes dispoñibles a canción gañadora e finalistas do 1º Concurso Manuel María de Composicións Musicais convocado en marzo de 2022 destinado a premiar a mellor canción lírica para voz e piano -nesta ocasión para barítono- escrita sobre un poema de Manuel María (C.P.89, *R8000 ).  Copiamos enlace con información referente á segunda edición do Concurso que está aberto á participación ata o 15 de xuño. A casa de Manuel María convoca o segundo concurso de composicións musicais - TERRACHAXA (galiciaxa.com)

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 17 de marzo

Imaxe
  REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Date(s) - 17/03/2023 20:30 - 22:00 Ubicación:  Auditorio de Ferrol Novo/a titular, director/a | Alexandra Diarescu, piano Programa: A determinar Grazas á Sociedad Filarmónica 10 alumnos/as do Conservatorio poderán asistir de balde. Lembra: 1.     Data límite para reservar unha entrada: luns 13/3/23 ás 19:00 . 2.     As entradas (10) adxudicaranse por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3.     Anunciarase como recoller as entradas. 4.     As entradas son personais e intransferibles. A Taquilla do Jofre terá un listado cos/coas alumnos/as que leven entrada.  Animádevos.

8 DE MARZO NA BIBLIOTECA

Imaxe
 Con motivo do Día Internacional da Muller, fixemos unha pequena exposición con fondos seleccionados de mulleres: intérpretes, escritoras, ilustradoras, compositoras, etc... Esperamos que os animades a curiosear por eles. A exposición estará ata o 10 de marzo.  Tamén podedes descargarvos un tríptico cunha pequena selección de compositoras de música contemporánea e unha mostra algo máis ampla de " mulleres no noso catálogo ".                                        Recomendacións de escoita: mulleres na música contemporánea E non vos esquecedes de coller unha frase inspiradora... Feliz semana.

TARDE DE MÉRCORES

Imaxe
 Un mércores mais estamos aquí para que poidades visitar a nosa biblioteca, animádevos a facernos unha visita e consultar o noso material. Boa tarde.