III RETO MUSICAL: 1ª pista
O lema das bibliotecas deste curso é “A Escritura”. Para o reto musical deste novo curso queremos relacionar a escritura musical coa interpretación musical.
Moitas veces a partitura non contén toda a información sobre a interpretación musical.
Cada estilo musical, cada época, ten o seu propio linguaxe. Na música culta cada época ten o seu propio acento. O mesmo que ocorre entre unha persoa de Ferrol e outra de Vigo; falamos o mesmo idioma pero con acentos diferentes. Por este motivo é moi complexo representar toda a información sobre ese “acento” nun simple pentagrama.
O estilo musical no que está contextualizado o RETO MUSICAL deste ano caracterízase por ser unha música moi continua, con poucas pausas, onde as obras solían ser breves. Moitas veces as melodías das obra se entrelazaban ese imitaban entre elas o que se coñece como Contrapunto . Os interpretes tamén ornamentaban moito as melodías e na maioría dos casos os ornamentos nin estaban escritos nas partituras. O acompañamento das obras estaba marcada polo “Baixo continuo” o cal era interpretado por ou varios instrumentos melódicos graves como a viola da gamba, violonchelo… e acompañado de un instrumento armónico como o clavicémbalo, o arpa, etc.
De que estilo musical estamos a falar?
Comentarios
Publicar un comentario