NOVIDADES: historia da música


Temos novidades na especialidade de linguaxe musical (H.V/can; *R8004).

A Orquestra Clásica de Vigo achéganos este exemplar de Canto de emigración. Historia da música de Teódulo R. Páramos, un proxecto de documentación e divulgación no que participan Pepe Coira, Alejo Amoedo, Marcos Amado e Manuel Martínez Torres.

"Esta é unha historia trazada coas pegadas da memoria en torno a unha obra perdida. Vestixios que dixou ao seu paso Canto de emigración, unha película dirixida por Antonio Román en 1935, obra única e vangardista do patrimonio fílmico galego.
 No ano 2021 iniciouse un traballo de investigación dirixido por Pepe Coira para imaxinar este filme perdido, partindo do ronsel que chegou ata os nosos días en forma de fotogramas, reseñas na prensa, fotografías, o guión e a música. Esta última é o cerne deste libro. Unha partitura, composta por Teódulo R. Páramos e custodiada pola súa familia, resultou ser alicerce fundamental. O fío co que tecer unha historia da música e os espazos en Vigo entre 1925 e 1959, a través dun dos seus actores: un músico de café".

Podes consultar a súa disponibilidade na OPAC

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL