CONCURSO: RETO MUSICAL. BASES

 

BASES:


    1. Participantes: alumnado do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Cada alumna/o pode participar unha vez.

    2. Requisitos: responder correctamente a cada un dos TRES retos propostos no blog da biblioteca: http://bibliotecajosefontenlaleal.blogspot.com

- O reto nº 1 publicarase o día 24 de marzo
- O reto nº 2 publicarase o día 31 de marzo
- O reto nº 3 publicarase o día 14 de abril

    3.  Respostas: cada participante deberá escribir nunha folla a resposta do reto xunto cos seus datos (nome completo, curso, número do reto e resposta). Exemplo:

Nome: _____________________
Curso: _____________________

                                   Resposta:
Reto 1:_____________________

      Tamén se poderá concursar nunha única participación a partir da publicación do reto nº 3 tendo que responder aos tres retos tal que así:

Nome: _____________________
Curso: _____________________

                                   Respostas:
Reto 1:_____________________
Reto 2:_____________________
Reto 3:_____________________

    4. Prazo e lugar de entrega: as respostas deberán ser introducidas nunha urna que se colocará na biblioteca, desde o venres 24 de marzo ás 16:00h ata o 21 de abril ata ás 20:00.

     5. Selección: o xurado, constituído polo equipo de biblioteca, realizará un sorteo entre os participantes; a coordinadora de biblioteca descartará previamente as participacións que non respondan de xeito correcto ás tres respostas. Para poder concorrer neste concurso será necesario participar nos 3 retos, ou ben contestar aos tres retos nunha única participación.

O resultado do sorteo farase público o 28 de abril ás 11:00.

     6.   Premio: haberá un premio consistente nun vale de 20€ para a merca de material musical.
 
     7.  A participación neste concurso implica a aceptación das bases.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS