Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2022

XIX CERTAME "Xan Viaño" DE CREACIÓN MUSICAL

Imaxe
  Pincha aquí se queres baixarte a información

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Imaxe
Recomendacións Nadal 22-23

10 DE DECEMBRO: DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Imaxe
Hoxe conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS. O lema do Día dos Dereitos Humanos deste ano é "Dignidade, liberdade e xustiza para todos" e a chamada á acción é #StandUp4HumanRights.  "En definitiva, onde comezan os dereitos humanos universais? En lugares pequenos, preto da casa; en lugares tan próximos e tan pequenos que non aparecen en ningún mapa. […] Se eses dereitos non significan nada nestes lugares, non significan nada noutro lugar. Sen unha acción cidadá coordinada para defendelos na nosa contorna, a nosa vontade de progresar no resto do mundo será en balde."                                                                                    Eleanor Roosevel

BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS

Imaxe
   A Xunta convoca un ano máis o programa Bibliotecas Escolares solidarias integrado no Plan Lía.  Fonte:  Xunta: Bibliotecas Escolares Solidarias

3 de decembro: DÍA INTERNACIONAL PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Imaxe
 O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidades co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con estas diversidades en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.  Estas persoas con outras capacidades son aquelas que ao ter unha ou varias diversidades físicas, psíquicas, xa sexan por razóns mentais ou intelectuais, ou sensoriais, de carácter temporal ou permanente, ao interactuar con diversas barreiras presentes no medio, teñen certas dificultades  na súa participación plena e efectiva na sociedade.  As persoas con certas diversidades funcionais son a minoría máis numerosa do mundo, e adoitan ter máis dificultades que outros grupos a todos os niveis, especialmente no acceso á educación, ao mercado laboral e ás dificultades económicas. Por estes motivo queremos conmemorar este día para recordar que todas e todos temos o dereito de sentirnos incluídxs nesta sociedade independentemen

3 DE DECEMBRO: DÍA DA LINGUA EUSKERA

Imaxe
Hoxe queremos conmemorar o DÍA DO EUSKERA! É unha lingua europea, ergativa e aglutinante que se fala principalmente en Euskal Herria.​Tamén hai comunidades de fala vasca na diáspora vasca, especialmente en Europa e América. O euskera é oficial xunto co castelán en Euskadi e na zona vascofalante de Navarra, mentres que en Francia non ten carácter oficial. Lingüísticamente, é unha das poucas linguas non indoeuropeas de Europa e é a única lingua illada do continente. 1819 Descoñécese a orixe dos vascos; aínda que existen múltiples hipóteses ao respecto, ningunha foi probada definitivamente. A súa posible conexión con outras linguas da Europa prehistórica e as súas características únicas espertaron o interese de lingüistas e antropólogos de todo o mundo.

PUZZLE COLABORATIVO: REMATADO!

Imaxe
  Fantasy Orchestra, 500 pezas  Xa está rematado o puzzle colaborativo que comezamos esta semana!! Que saibades que se vai colgar o máis axiña posible.  Tamén estamos pensando en sacar outro... mais de 1000 pezas! Estade atentos. Nube con os participantes