3 DE DECEMBRO: DÍA DA LINGUA EUSKERA
Hoxe queremos conmemorar o DÍA DO EUSKERA!
É unha lingua europea, ergativa e aglutinante que se fala principalmente en Euskal Herria.Tamén hai comunidades de fala vasca na diáspora vasca, especialmente en Europa e América. O euskera é oficial xunto co castelán en Euskadi e na zona vascofalante de Navarra, mentres que en Francia non ten carácter oficial. Lingüísticamente, é unha das poucas linguas non indoeuropeas de Europa e é a única lingua illada do continente. 1819
Descoñécese a orixe dos vascos; aínda que existen múltiples hipóteses ao respecto, ningunha foi probada definitivamente. A súa posible conexión con outras linguas da Europa prehistórica e as súas características únicas espertaron o interese de lingüistas e antropólogos de todo o mundo.
Comentarios
Publicar un comentario