Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2026

Concerto Agrupacións Grao Elemental no Auditorio Municipal de Ferrol. Martes 2 de xuño ás 19:00 h

Imaxe
  O próximo martes 2 de xuño ás 19:00 h, no Auditorio Municipal de Ferrol , terá lugar o concerto de fin de curso das agrupacións de Grao Elemental do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Participarán o Peque Coro, da Pequeorquestra e da Pequebanda. Convidámosvos a este encontro musical tan especial, no que desfrutaremos do traballo e da ilusión do alumnado máis novo do conservatorio .

Audición de Piano. Xoves 4 de xuño ás 17:00 h no auditorio do CMUS Xan Viaño

Imaxe
  Audición de piano o próximo xoves 4 de xuño ás 17:00 h no auditorio do CMUS Xan Viaño . Participará o alumnado da profesora de piano Paloma Bello.

Audición de Fagot. Xoves 4 de xuño ás 19:00 h

Imaxe
  Audición de fin de curso de fagot, o próximo xoves 4 de xuño ás 19:00 h .  Participará alumnado do profesor de fagot Javier Alama, acompañados pola profesora pianista acompañante, Lorena Dapena.

Pinceladas sonoras. 3 de xuño ás 19:00 h no Auditorio Municipal de Ferrol

Imaxe
  O vindeiro mércores 3 de xuño ás 19:00 h no Auditorio Municipal de Ferrol , terá lugar "Pinceladas Sonoras", un encontro artístico único onde a música e as artes plásticas fusiónanse para derrubar barreiras. A través deste concerto, o alumnado de piano do conservatorio Xan Viaño, presta as súas mans ao piano para dar vida ás partituras, mentres que alumnado do colexio Terra de Ferrol proxecta o seu mundo interior traducindo esas mesmas melodías en trazos, texturas e cores. Unha experiencia sensorial e de inclusión que demostra que a arte é unha linguaxe universal capaz de conectar realidades e emocionar sen límites.

Valoración da xestión e funcionamento da Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño. Curso 2025/2026

Imaxe
Deixamos aquí a ligazón para ponder facer esta enquisa, para a cal vos pedimos que sexades totalmente sinceros e sinceras, coas vosas respostas. Esta información é de suma importancia para seguires mellorando. Tamén tedes na biblioteca enquisas en papel para o alumnado do conservatorio, que podedes escribir e depositalas na furna. Moitas grazas de antemán. Que teñades un bo fin de curso O Equipo de Biblioteca Ligazón para a enquiza en Google Forms:  https://forms.gle/ywr9X4jw9i1RX9RAA

Nova edición dun clásico: Frnakenstein

Imaxe
  Neste volume preséntase o texto definitivo que Mary Shelley quixo legar ao mundo. A historia comeza cunha expedición ao Ártico, onde un mozo científico chamado Victor Frankenstein relata a súa ambición de dominar os segredos da vida. O resultado do seu experimento —unha criatura que desafia os límites da natureza— desencadea un drama sobre a liberdade, a vinganza e a responsabilidade do coñecemento. Esta obra fundacional da ciencia ficción continúa interpelando ao lector coa súa carga filosófica e emocional.  Un caderno de notas do propio doutor Frankenstein, deseñado polo ilustrador, complementa esta edición de luxo. A partir dos 14 anos, este clásico convértese nun agasallo perfecto para mozos e persoas adultas que valoran a literatura con profundidade. Ademais, a súa publicación cobra especial relevancia coa estrea en 2025 dunha esperada adaptación cinematográfica dirixida por Guillermo del Toro. Un libro imprescindible para redescubrir a alma tráxica do monstro que cambi...

XI ENCONTRO LITERARIO EN NARÓN

Imaxe
 

Día dos Museos: "unindo un mundo dividido”

Imaxe
    Con motivo do Día Internacional dos Museos, a Rede de Grandes Espazos de Divulgación (GEDIC) do CSIC súmase a esta celebración cunha variada programación de actividades repartida por todo o territorio. Portas abertas, espectáculos musicais, charlas, talleres ou visitas guiadas achegarán a ciencia e a cultura científica a públicos de todas as idades ao redor do 18 de maio. Seguir lendo na web do CSIC ou na web da Consellería para ver as actividades na nosa comunidade.

12 de maio: Día Escolar das Matemáticas

Imaxe
  O Día Escolar das Matemáticas é unha iniciativa educativa que busca achegar as matemáticas ao alumnado dun xeito dinámico, contextualizada e participativa, promovendo cada ano unha temática de especial relevancia social e educativa. O Día Escolar das Matemáticas (DEM) 2026 que se conmemora hoxe 12 de maio está dedicado este curso escolar 2025/2026 ao pensamento computacional e á intelixencia artificial, dous ámbitos fundamentais para comprender os retos educativos e tecnolóxicos do presente e do futuro. O encargado de desenvolver esta temática será Luis Miguel Iglesias Albarrán, membro da Sociedade Andaluza de Educación Matemática Thales, quen elaborou un caderno didáctico dirixido ao profesorado e ao alumnado co obxectivo de achegar estes conceptos de xeito práctico e accesible.

Concerto no Torrente Ballester: Blues do país. Xoves 14 de maio 20:30 h.

Imaxe
 

12 de maio: Faladoiros Loterarios. Manuel Rivas. Capela do Torrente Ballester.

Imaxe
 

Día de Europa

Imaxe
  O 9 de maio de 1950, o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, pronunciou un discurso histórico e expuxo un plan para unha maior cooperación en Europa. Coñecida como a Declaración Schuman , achandou o camiño para unha nova era de paz, integración e cooperación en todo o continente, e sentou as bases da Unión Europea tal como a coñecemos hoxe.  No mundo actual, que está en constante evolución e cheo de desafíos, a nosa Unión debe manterse forte e independente. Isto implica unirnos para reforzar a nosa seguridade, impulsar a prosperidade e protexer a nosa liberdade para decidir en que tipo de sociedade e democracia queremos vivir.  O Día de Europa constitúe unha oportunidade para recoñecer isto e celebrar a comunidade de valores que representamos e que protexemos e fortalecemos conxuntamente. Esta ocasión especial tamén brinda a oportunidade de conectar coa cidadanía e mostrar como está a traballar a UE para protexer e crear oportunidades para as persoas e...

Tal día como hoxe 2 de maio: Leonardo da Vinci, un visionario da ciencia

Imaxe
  Leonardo da Vinci , o gran artista do Renacemento, modelo do  home universal , foi tamén un xenio científico e tal día como hoxe morría no ano 1519. Á parte da súa obra pictórica, tan exquisita como escasa, houbo un Leonardo dedicado á observación rigorosa, o experimento e a formulación exacta de principios xerais a partir da experiencia empírica. Nos miles de páxinas dos seus cadernos de notas, que só empezaron a ser estudados a fondo nas últimas décadas, atopamos anticipacións de moitos desenvolvementos posteriores da ciencia moderna. Os seus contemporáneos sabían que Leonardo dedicaba boa parte do seu tempo ao estudo da filosofía natural, que é como se chamaba á ciencia entón (o termo inglés ' scientist ' non apareceu ata 1840) e así mesmo temos constancia de que Leonardo planeaba publicar numerosos tratados científicos cos materiais recolleitos nos seus cadernos. Podedes seguir lendo o artigo no National Geographic . A súa figura é tan relevante que o robot cirúrxi...

Manuel Rivas, premio dos Clubs de Lectura 2026

Imaxe
  O escritor  Manuel Rivas  foi recoñecido co Premio dos Clubes de Lectura 2026, por ser o autor máis lido polos clubes de lectura do ámbito educativo. S alientou "a importancia da boca da literatura, pois esta non fala para un discurso nin para un axioma, senón para ver o que non está ben visto, para achegarse á zona secreta do ser humano que fala da dúbida, da complexidade, do matiz".

Día Mundial do Libro 2026

Imaxe
Achégase o  Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor , en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional  edítase o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2026. Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso á Doutora en Xornalismo, escritora e xestora cultural  Eva Mejuto , recoñecida polo lectorado infantil e xuvenil galego co  Premio dos Clubs de Lectura 2021. Un fermoso agasallo para as bibliotecas escolares de Galicia que convida a celebrar o libro e a lectura: "... porque cando lemos todo é posible, sobre todo o imposible". Postal do Día do Libro 2026

XXI Xornadas Literarias do Concello de Neda: Galician Noir

Imaxe
  As Xornadas Literarias sempre son moi interesantes pero nesta ocasión contar con Arantza Portabales, Marta Villar, Rober Cagia, Diego Ameixeiras, Óscar Reboiras, Pedro Feijoo e Isabel Ramos Breijo.

Día do Libro Infantil e Xuvenil: "Planta historias e o mundo florecerá"

Imaxe
  Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil (DILI, ou ICBD nas súas siglas inglesas) co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional desta efeméride e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe e o cartel dirixido a todos os nenos do mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc. En 2026, o país elixido é Chipre, e o cartel está feito por dous creadores de libros infantís. O tema deste ano é “Planta historias e o mundo florecerá” (Plant stories and the world will bloom), un fermoso lema que recoñece o valor das historias, os libros e a lectura, así como o seu potencial para mellorar o mundo, á vez que salienta a nece...

41ª MUESTRA DEL LIBRO INFANTIL Y JUVENIL

Imaxe
  La  41ª Muestra del Libro Infantil y Juvenil  comenzará en abril a recorrer bibliotecas, centros de lectura y espacios cívicos de los distintos municipios madrileños. Con la coordinación del Área de Difusión y Publicación de la Subdirección General del Libro de la Comunidad de Madrid, el catálogo reúne 220 títulos entre lo mejor de la literatura infantil y juvenil publicada en 2025. El objetivo de esta iniciativa es acercar esta selección bibliográfica -amplia, actual y variada “en géneros, estilos y temáticas”- a lectoras y lectores, familias, profesionales de la docencia y la mediación lectora. Con “rigor y compromiso con la calidad”, personal de la Red de Bibliotecas de la Comunidad de Madrid, de las bibliotecas municipales de la región, docentes y especialistas en literatura infantil y juvenil han participado en la elección y la descripción de los títulos, destinados a una franja de edad de 0 a 16 años. Desde el cuidado de la naturaleza hasta las relaciones familiar...

Participación da coordinadora da biblioteca do Xan Viaño, no Programa Erasmus + do centro: En-clave de cámara In-chamber music key KA 122-VET

Imaxe
Dos días 8 o 15 de Febreiro as compañeiras Begoña e Soraya participaron no curso de Inglés no centro ISI Dublín. Deixo unha ligazón para que poidades ver unha divertida e completa presentación que fixen da viaxe. 

II Día de Ibáñez

Imaxe
  Con motivo do II Día Ibáñez, Bruguera, selo de Penguin Random House Grupo Editorial que publica as súas obras desde hai máis de 60 anos, presentou este venres unha homenaxe que levará o universo creativo de Francisco Ibáñez a distintos puntos de Barcelona no ano en que o autor cumpriría 90 anos. A cidade acollerá un roteiro de dioramas inspirados nas súas viñetas máis icónicas, protagonizados por personaxes como Mortadelo e Filemón, Rompetechos ou O botóns Sacarino. Estas pezas instalaranse en diferentes espazos vinculados á lectura, os cómics e ao propio autor, e recrean escenas "cheas de detalles e humor" características do estilo de Ibáñez. A iniciativa busca reivindicar a vixencia de personaxes como Mortadelo e Filemón, 13, Rue do Percebe, O botóns Sacarino e Rompetechos, que seguen formando parte da memoria cultural colectiva. seguir lendo Se queredes saber máis de  Mortadelo e Filemón , visitade a web non oficial.

Esta Semana Santa: Xeorutas

Imaxe
  Desde o próximo sábado 28 de marzo e ata o domingo 5 de abril, haberá diferentes actividades polos distintos concellos que abrangue o Xeoparque Cabo Ortegal: desde xeorutas a pé ou a cabalo, ata a vía ferrata da Senda do Santo. As actividades están adaptadas a todo tipo de públicos e as persoas interesadas deben reservar previamente a súa praza a través do sitio web  geoviajesortegal.com , no que figuran os detalles específicos para cada unha das iniciativas, incluídos o prezo e os horarios. Animádevos a coñecer o patrimonio natural da nosa contorna!

Día de Internet Segura 2026

Imaxe
  El Día de Internet Segura, o Safer Internet Day (SID) #SID2026, es un evento internacional organizado por las redes Insafe/INHOPE, redes europeas de Centros de Seguridad en Internet con apoyo de la Comisión Europea y se extiende globalmente a muchos países. Se celebra el segundo martes de febrero para fomentar un uso responsable, respetuoso, crítico y creativo de Internet, especialmente entre niños, adolescentes y jóvenes. Como cada año, el Instituto Nacional de Ciberseguridad de España (INCIBE), a través de Internet Segura for Kids (IS4K) —el Centro de Seguridad en Internet para Menores en España—, se suma a esta iniciativa internacional que promueve un entorno digital más seguro para niños, niñas y adolescentes. En esta edición, el evento se celebra bajo el lema «Seguridad Digital para Educar en tiempos de IA», poniendo el foco en uno de los grandes retos actuales del ámbito educativo: la integración responsable de la inteligencia artificial. El Instituto Nacional de Cibersegur...

Día de la Poesía 2026

Imaxe
  “¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?... Poesía eres tú” Muchos y muchas conocemos esta famosa rima de Gustavo Adolfo Bécquer, pero, quizás, lo que no sabemos, es que este sábado 21 de marzo se celebra el  Día Internacional de la Poesía. La UNESCO instauró esta celebración durante su 30ª Conferencia General en París en 1999, con el objetivo de apoyar la diversidad lingüística a través de la expresión poética y fomentar la visibilización de aquellas lenguas que se encuentran en peligro. Nuestro país es una muestra de crisol lingüístico, donde la poesía ha tenido un peso especial en nuestra cultura literaria, tanto actualmente como a lo largo de la historia de la literatura. Grandes poetas como Jorge Manrique, Garcilaso de la Vega, Góngora, Quevedo, Rosalía de Castro, Federico García Lorca, Antonio Machado, Miguel Hernández o Gloria Fuertes, han enriquecido a la literatura española y la han dado a conocer fuera de nuestras fronteras. A ellos se une un extenso número de autor...

Novidades: Historia revisada de las mujeres

Imaxe
  No Día da Muller traemos unha novidade:  Historia revisada de las mujeres .  Unha retrospectiva ilustrada, curiosa e fenomenal da historia da humanidade — da prehistoria ata o século XXI — desde o punto de vista das mulleres e as súas vidas cotiás en diferentes culturas, épocas e circunstancias. Moitos destes importantes datos non figuran na maior parte dos libros de historia!  Un abreboca a redescubrir con rigor cosas que pensabas que sabías.

8 de Marzo Pola Igualdade

Imaxe
Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban. Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga. En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller, e por iso vos traemos unha mostra de obras sobre o tema que están na plataforma E-LBE.2 : https://...

Novidades: Preparándonos para as Letras Galegas 2026 con Begoña Caamaño

Imaxe
  Os fíos de Begoña Begoña ou o pracer da amizade

Aniversarios Musicais: marzo

Imaxe
  Howard Chandler Robbins Landon (1926-2009)  foi un prestixioso musicólogo estadounidense, recoñecido internacionalmente como o maior experto na figura de  Joseph Haydn . Especialista en Haydn : Dedicou gran parte da súa carreira á investigación deste compositor en Viena. Entre os seus fitos destacan a publicación de  Symphonies of Joseph Haydn  (1955) e a monumental obra en cinco volumes  Haydn: Chronicle and Works . Fundador e editor : Creou a  Haydn Society  e participou activamente na edición completa das obras de Mozart. Investigación do século XVIII : Aínda que centrado en Haydn, publicou traballos fundamentais sobre outros xenios da época como  Mozart, Beethoven e Vivaldi . Legado : A súa capacidade para combinar a análise técnica coa biografía documental converteuno nunha referencia imprescindible para o estudo da música clásica europea. Fontes   Lourdes Morgades (4 de diciembre de 2009).  «H. C. Robbins Landon, musicólogo ...