Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro

Onde están as mulleres? Só sete homenaxes en 62 anos de Letras Galegas

Imaxe
Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, Luísa Villalta e as cantareiras son a única pegada feminina De esquerda a dereita: Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, Luísa Villalta, Adolfina e Rosa Casás Rama, as Pandeireteiras de Mens e Eva Castiñeira. O  Día das Letras Galegas   é a data máis insigne da nosa literatura. Con ela homenaxéanse a todas aquelas plumas que contribuíron a normalizar o galego na escrita, pero tamén a conservalo a través dos séculos na oralidade. Que loitaron contra prexuízos e estigmas, e converteron o idioma no mellor vehículo para expresar as súas emocións, os seus sentimentos, e tamén para denunciar as inxustizas. Non obstante, nos máis de 60 anos de historia das Letras Galegas, tan só o 11% estiveron protagonizadas por mulleres. Unha presenza feminina incuestionablemente escasa… pero indispensable. Repasamos as sete candidaturas femininas das nosas...

Unha estrela para Rosalía de Castro

Imaxe
O 17 de decembro de 2019, a Unión Astronómica Internacional designou oficialmente co nome Rosalía de Castro a unha estrela na constelación do Serpentario. No quinto aniversario deste fito histórico, o mércores 18 de decembro celébrase unha actividade na   Casa das Ciencias   da Coruña na que Martin Pawley, promotor da campaña desde a Agrupación Astronómica Coruñesa, contará historias da astronomía a través dos textos de Rosalía de Castro, nunha sesión especial do planetario ao redor da escritora e a súa estrela. A entrada a actividade é gratuíta, ate completar o aforo da sala. As entradas comezarán a repartirse a partir das 19:15 h. na recepción da Casa das Ciencias. Non se permite a entrada unha vez iniciada a actividade. Preme aquí para máis información desta actividade.

Celebremos hoxe o Día das Escritoras !

Imaxe
  No Día das Escritoras, reivindicamos o labor e o legado literario de todas aquelas mulleres que tantas veces foron relegadas a un segundo plano e silenciadas ao longo da historia. Esta conmemoración celébrase sempre o luns máis próximo ao 15 de outubro , aniversario do falecemento de Teresa de Jesús (1515-1582).  Este ano leva por lema  A periferia da periferia: mulleres que miraron ao mundo rural . Rosalía de Castro y Pardo Bazán, entre las homenajeadas en el Día de las Escritoras. A novena edición desta xornada organizada pola Biblioteca Nacional de España ten como  leitmotiv « La periferia de la periferia, mujeres que miraron al mundo rural » Cada ano, no luns máis próximo ao 15 de outubro, aniversario do falecemento de Teresa de Jesús, a Biblioteca Nacional de España celebra o « Día de las Escritoras ». Neste 2024 chégase á novena edición, na que o leitmotiv da xornada é « La periferia de la periferia, mujeres que miraron al mundo rural » e entre os ...