Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2018

NOVIDADES

Imaxe
 Temos novidades na materia de historia da música:   Historia de la música para conservatorios de Roberto L. Pajares Alonso (apuntes e actividades) To a young Jazz Musician de Wynton Marsalis.  Podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

TRIVIAL MUSICAL: concerto 22 de novembro

Imaxe
    Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro 22 de novembro de 2018. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro

NOVIDADES VIOLÍN

Imaxe
    Temos novidades na biblioteca na materia de " Violín ", grazas á doazón do profesor desta material Jorge Montes: Violinschule               Localización: VL.M/13     *R 6128                Podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: 24 DE OUTUBRO, día da biblioteca

Imaxe
Fonte: Asesoría de Bibliotecas escolares     "O 24 de Outubro é recoñecido como o Día da Biblioteca, desde que hai anos comezara a celebrarse grazas ao empeño da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil , no 1997. Amparado agora polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, o DÍA DA BIBLIOTECA celébrase en todo o estado e serve para dar visibilidade a todas e cada unha das bibliotecas que abren as súas portas día a día para acoller ás persoas en procura de lectura e de coñecemento , pero tamén de espazos "amigables" nos que compartir experiencia lectora, pensar e traballar xunto con outros en proxectos diversos. Porque iso son as actuais bibliotecas, eses "terceiros lugares" capaces de acollernos e axudarnos a desenvolver proxectos persoais de moi distinto tipo .  As bibliotecas escolares celebran todos os días a súa existencia, froito dos esforzos das comunidades educativas que as poñen en pé, pero tamén arredor desta data,

VISITAS GUIADAS Á BIBLIOTECA

Imaxe
    Entre os días 23 e 26 de outubro os alumnos de 1º de Grao Elemental teñen unha cita na biblioteca pois estamos a organizar unhas " visitas guiadas ". Nelas os profesores encargados de biblioteca tratarán os seguintes aspectos : - A localización dos diferentes fondos: audiovisuais, publicacións periódicas, obras para consulta, libros e partituras. - A interpretación das etiquetas: sinalización e signatura de cada especialidade - Coñecemento dos servizos que ofrecemos - A entrega dun tríptico informatico e do carné de usuario. As visitas terán o seguinte horario dentro das súas clases de Linguaxe Musical :   - 1º A : venres 26 outubro (17:30-18:00) - 1º B : xoves 25 outubro (17:30-18:00) - 1º C : martes 23 outubro (19:00-19:30) - 1º D : mércores 24 outubro (17:30-18:00) - 1º E : xoves 25 outubro (18:30-19:00)  

SHOAH para violín solo y Templo Sagrado

Imaxe
  Concerto: 19 outubro, 20:30 Teatro Jofre   Reparto de entradas na taquilla do Teatro Jofre a partir do martes 16 de outubro ata completar aforo. Máximo 2 por persoa.

MATERIAS DE HISTORIA: INFORMACIÓN A USUARIOS

Imaxe
 Desde o equipo de biblioteca queremos informas aos usuarios de que comezamos a catalogación destes fondos cunha nova especificación na equiqueta. A partir de agora, estes fondos terán a seguinte información: MATERIA / AUT / tit . Así pois, os fondos poderán buscarse polas tres primeiras letras do apelido do autor por orde alfabética.  Durante o tempo que dure a recatalogación convivirán os dous sistemas de etiquetado mais confiamos que sexa polo ben da futura localización dos fondos.  Disculpade as posibles molestias  Un saúdo

NOVIDADES GAITA

Imaxe
   Temos novidades na biblioteca na materia de " Gaita ", grazas á doazón da Asociación de amigos de "O Peque Coro":   Manual ególatra básico        Localización: G.D/11   *R: 6129                Podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

NOVIDADES VENTO METAL

Imaxe
   Temos novidades nas materias de Vento Metal: trombón e trompeta (TB.P 32, TB.M 26 a 28, TPA.P *R6130 a 6132)     Podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

DOAZÓN RCMs Ediciones Musicales

Imaxe
   Temos novidades na biblioteca nas materias de " Linguaxe Musical". Grazas á editorial RCMs Ediciones Musicales temos material para os catro cursos de Grao Elemental, cun texto de referencia, un caderno de traballo para o alumno e material para traballar o ditado musical por cursos con 2 CDs. Os fondos atoparédelos en L.D 28-31 e L.L 118 a 125 .    Podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: Poéticas diversas

Imaxe
Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares  " A poesía, din, é a memoria do mundo ". Juán Marqués   "A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para descubrila. A biblioteca escolar é un lugar privilexiado para estimular esa mirada que xogue a descubrir a poesía que se agocha nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos reodea, no último descubrimento científico (eses escutoides descoñecidos atá agora), nesa voz que nos fala, nese abrazo que nos agarima...    POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir

TRIVIAL MUSICAL: concerto 26 de outubro

Imaxe
    Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 26 de outubro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro lu

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: 11 outubro

Imaxe
  Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, aínda podes ganas unha entrada de balde para este concerto.  Anímate e participa no noso trivial musical

5 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DO DOCENTE

Imaxe
Fonte: UNESCO Una educación de calidad requiere docentes bien formados En 1994 a  UNESCO  ( United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization , Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) proclamou o 5 de outubro o Día Mundial dos Profesores. Cada ano e baixo un lema diferente resaltan a súa importancia. Este ano o lema céntrase no dereito é  educación, que significa o dereito a profesores cualificados.  

NOVIDADES: Quinteto

Imaxe
  Temos o Quinteto para flauta, violín, viola, violonchelo e arpa de Emilio Mateu ( MC.Q / 41, *R6138 ). Lembrado que podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

QUODLIBET 67

Imaxe
   Xa está disponible en sala o número 67 da revista Quodlibet. Un saúdo

OUTUBRO: GRANDES DIVULGADORES MUSICAIS

Imaxe
Moita xente non sabe que Leonard Bestein (1918-1990), ademáis de ser un gran compositor, autor do exitoso musical “West Side Story”, foi tamén un gran director de orquestra, pianista e divulgador musical. Cos seus “Concertos para a xuventude” realizados na televisión americana dende 1958 ata 1972 desempeñou unha grande labor educativa no eido da música clásica. Deixámosvos un par de videos para que podades ver o maravillosamente ben que Berstein sabía explicar a música clásica e transmitir as emocións e que a nutren.         Pola parte que nos toca, en España tamén tivemos un gran divulgador musical, Fernando Argenta (1945-2013), que cos seus programas, “Clásicos populares” en RNE e “El conciertazo” en TVE, desempeñou unha grandísima labor de difusión da música clásica entre os nenos. Podedes ver os videos de “ El conciertazo ” no seguinte enlace e animámosvos a que os vexades todos. Son moi divertidos!