TRIVIAL MUSICAL: concerto 22 de novembro
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana,
a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para
asistir ó concerto do vindeiro 22 de novembro de 2018. Para participar teredes
que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis
abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no
asunto especificar “TRIVIAL”.
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite para recibir os vosos correos é o
vindeiro 19 de novembro (ata as 10:00 horas)
PREGUNTA
GRAO ELEMENTAL: no concerto tocará un
fagot. Cal instrumento é un fagot?
(esquerda, centro o dereita)
¡¡¡Moita sorte!!!
Novembro
Data:
22 de novembro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol
Sala: Auditorio de Ferrol
Comentarios
Publicar un comentario