OUTUBRO: GRANDES DIVULGADORES MUSICAIS

Moita xente non sabe que Leonard Bestein (1918-1990), ademáis de ser un gran compositor, autor do exitoso musical “West Side Story”, foi tamén un gran director de orquestra, pianista e divulgador musical. Cos seus “Concertos para a xuventude” realizados na televisión americana dende 1958 ata 1972 desempeñou unha grande labor educativa no eido da música clásica. Deixámosvos un par de videos para que podades ver o maravillosamente ben que Berstein sabía explicar a música clásica e transmitir as emocións e que a nutren.
 
 
 
 
Pola parte que nos toca, en España tamén tivemos un gran divulgador musical, Fernando Argenta (1945-2013), que cos seus programas, “Clásicos populares” en RNE e “El conciertazo” en TVE, desempeñou unha grandísima labor de difusión da música clásica entre os nenos.
Podedes ver os videos de “El conciertazo” no seguinte enlace e animámosvos a que os vexades todos. Son moi divertidos!

 
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL