VISITAS GUIADAS Á BIBLIOTECA


 
 
Entre os días 23 e 26 de outubro os alumnos de 1º de Grao Elemental teñen unha cita na biblioteca pois estamos a organizar unhas "visitas guiadas".
Nelas os profesores encargados de biblioteca tratarán os seguintes aspectos:
- A localización dos diferentes fondos: audiovisuais, publicacións periódicas, obras para consulta, libros e partituras.
- A interpretación das etiquetas: sinalización e signatura de cada especialidade
- Coñecemento dos servizos que ofrecemos
- A entrega dun tríptico informatico e do carné de usuario.
As visitas terán o seguinte horario dentro das súas clases de Linguaxe Musical:
 
- 1º A: venres 26 outubro (17:30-18:00)
- 1º B: xoves 25 outubro (17:30-18:00)
- 1º C: martes 23 outubro (19:00-19:30)
- 1º D: mércores 24 outubro (17:30-18:00)
- 1º E: xoves 25 outubro (18:30-19:00)
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS