ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: 24 DE OUTUBRO, día da biblioteca

Fonte: Asesoría de Bibliotecas escolares
 
 
"O 24 de Outubro é recoñecido como o Día da Biblioteca, desde que hai anos comezara a celebrarse grazas ao empeño da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, no 1997. Amparado agora polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, o DÍA DA BIBLIOTECA celébrase en todo o estado e serve para dar visibilidade a todas e cada unha das bibliotecas que abren as súas portas día a día para acoller ás persoas en procura de lectura e de coñecemento, pero tamén de espazos "amigables" nos que compartir experiencia lectora, pensar e traballar xunto con outros en proxectos diversos. Porque iso son as actuais bibliotecas, eses "terceiros lugares" capaces de acollernos e axudarnos a desenvolver proxectos persoais de moi distinto tipo
As bibliotecas escolares celebran todos os días a súa existencia, froito dos esforzos das comunidades educativas que as poñen en pé, pero tamén arredor desta data, e durante todo o mes de outubro, sucédense actividades ao longo das bibliotecas dos nosos centros, dedicadas a dar a coñecer as súas posibilidades, ensinar ao alumnado a usar os seus recursos e animar a grandes e pequenos a que aproveiten as súas oportunidades: libros, materiais audiovisuais, recursos electrónicos, equipamentos, espazos atractivo, actividades tentadoras (recitais, presentacións, lecturas compartidas, acompañamentos lectores, hora do conto, "olimpiadas do saber", exposicións e presentacións de traballos, formación de usuarios e usarias, "aprender a investigar", mochilas viaxeiras, clubs de lectura... )".

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL