Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Marcos Vaqueiro

Un modelo en 3D cartografa os recunchos máis descoñecidos da Cova do Rei Cintolo

Imaxe
O mapa dixital percorre 9.204 metros da cavidade subterránea máis grande de Galicia e o obxectivo é chegar aos 11.000 A Cova do Rei Cintolo é unha mestura indiscutible de mitoloxía e ciencia. Descuberta en 1873, hai poucos estudos sobre a cavidade subterránea máis grande de Galicia. Agora, un equipo de espeleólogos coordinado por  Marcos Vaqueiro  está a traballar nun modelo en 3D que se adentra nos recunchos máis descoñecidos da cova. Xa conseguiron estudar  9.204 metros  e  o obxectivo é chegar aos 11.000 . “Cando comezamos en 2018, a cartografía da cova de 1979 incluía unas 5.190 metros, aínda que pensaban que acadaba os 6.500. A aposta do 2025 é dobrar a medición obtida no século pasado”, indica. O último modelo dixital público, datado de decembro de 2024, inclúe preto de  14.000 estacións topográficas . Os investigadores que forman parte do proxecto  Rei Cintolo: Obxectivo 11.000 m , que busca a maior cartografía da cova, xa pechou os grandes perc...