Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Beethoven

245 ANIVERSARIO DE BEETHOVEN

Imaxe
Fonte: www.google.es    Hoxe hai 245 anos que foi bautizado  Beethoven e arriba tedes a simpática imaxe ca que google celebra o seu aniversario.   Ímolo celebrar enlazando cun concerto histórico en 1989 da súa 9ª Sinfonía. Se non tedes tempo para escoitala enteira, hoxe podemos dedicalo ao seu derradeiro e coñecido movemento "Coral" co texto do poeta Friedrich von Schiller ( Ode an die Freude) [1:06 aproximadamente]...   Fonte: www.youtube.com

O RINCÓN DO COMPOSITOR: L. VAN BEETHOVEN

Imaxe
 O primeiro "Rincón do compositor" do 2015 está dedicado a Ludwing van Beethoven.  Ludwing van Beethoven (1770-1827)   Xunto cun retrato de Beethoven temos á esquerda a súa biografía cunha pequena descripción dos tres periodos compositivos nos que habitualmente divídese a súa obra; o seu lado o catálogo da mesma. Tamén temos un metrónomo : a súa dereita podemos ler a súa orixe e evolución e a relación que ten Beethoven co metrónomo Mälzel.   A música que as veces soará no rincón do compositor será a Sinfonía nº 5 en Do m Op. 67 ou a Sinfonía nº 6 en Fa M, chamada tamén " Pastoral " Op. 68 na interpretación da Orquestra Filharmónica de Berlín baixo a batuta de Herbert von Karajam.     A casa de Beethoven, en Bonn, hoxe museo.   Se tedes a sorte de viaxar a Bonn, podedes visitar a casa de Beethoven ( Beethoven-Haus, Bonn ). A casa onde...