DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, 2 de abril
Como xa sabedes, o día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil para conmemorar o nacemento de Hans Christian Anderse. A OEPLI, xunto coas súas catro sección - Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil-ClijCAT, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil-GÁLIX, e Galtzagorri Elkartea-, como todos os anos quere conmemorar ese día con todos os alumnos de Primaria e 1º Ciclo de Secundaria de Galicia e para isto convocaron o concurso Nós lemos e ti? que xa colgamos neste blog. Como membros do IBBY e coa intención de que en todos os países do mundo se celebre o Día Internacional do Libro Infantil colgamos aquí a mensaxe " Muchas culturas una historia" da escritora MARWA OBAID e o cartel de NASIM ABAEIAN que este ano preparou a sección de Unión de Emiratos Árabes do IBBY e que, coa versión nas catro linguas oficias atoparedes na web da OEPLI . "Falamos diferentes lingua