DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, 8 de marzo
Rosa Luxemburgo. Fonte: Libre acción poética |
O Día Internacional
da Muller refírese ás mulleres correntes como facedoras da
historia e funde ás súas raíces na loita de séculos da muller por participar na
sociedade e na vida política e económica en igualdade co home (Fonte: ONU).
É un momento para non
esquecer esa loita e tamén de reflexión sobre os avances acadados, esixir
cambios e celebrar os actos de valor e decisión desas mulleres que desenvolven
unha extraordinaria e marabillosa función na historia dos dereitos da muller.
Aínda que o discurso
data de 2007, Isabel Allende ilustra hoxe -xunto a Rosa de Luxemburgo- o noso blog. Isabel
participou en marzo daquel ano na Conferencia TED (Technology Entertainment
and Design [Tecnoloxía, Entretemento e Deseño]) en Monterey
(California), unha conferencia mundial dedicada á difusión de "Ideas
que Paga a pena Difundir".
Como di o resumo
da súa charla que podedes ler na súa páxina web "Isabel examina a paixón e fala das mulleres que coa súa
coraxe e altruismo transformaron o feminismo moderno" envolto no seu sentido do humor engadimos nós.
Tamén podedes ver o video da conferencia na páxina de TED. Son 18 minutos que paga a pena ver:
Un saúdo
Comentarios
Publicar un comentario