Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Idade Media

Un mapa interactivo xeolocaliza os lugares que inspiraron as 69 cantigas de romaría

Imaxe
A ferramenta creada na USC permite acceder a textos orixinais, datos históricos e fotografías actuais dos espazos relixiosos Unha das entradas que se pode atopar na web das cantigas de romaría Imaxina un  mapa interactivo  onde poidas consultar (e xeolocalizar) información sobre as  69 cantigas de romaría ou de santuario  que se conservan. Grazas a un proxecto de colaboración entre a Universidade de Santiago (USC) e a Universidade de Carolina do Leste, en Estados Unidos, xa non fai falla que o recrees na túa mente: o mapa xa é unha realidade. A iniciativa  Cantigas de Romaría  combina as novas tecnoloxías co estudo destas  pezas medievais , catalogadas como un suxénero das de amigo, que compoñen o  maior corpus de poesía en voz feminina da Idade Media europea . As cantigas de romaría remiten a igrexas, capelas e ermidas, evocando un pasado festivo vinculado á devoción relixiosa, como segue a acontecer nas romarías e festas patronais de hoxe. As lo...