Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2021

FELIZ 2022

Imaxe
  Fonte E que nunca vos falte a lectura nin a escoita

NOVIDADES: TUBA. TROMPA E VIOLA

Imaxe
   Temos novidades en t uba oa e viola-métodos, trompa-piano . Podedes consultar estos fondos no seguinte enlace: OPAC_novidades

CARLOS NÚÑEZ EN FERROL

Imaxe
O gaiteiro máis internacional de Galicia, Carlos Núñez, actuará este domingo 19 de decembro no Teatro Jofre de Ferrol. Será un concerto especial conmemorando o 25 aniversario do seu primeiro álbum "A Irmandade das Estrelas". Ubicación : Teatro Jofre (Ferrol) Hora: 20:30 Entradas Concerto Carlos Núñez  

NOVIDADES: literatura infantil

Imaxe
Temos novidades en literatura musical infantil!!!!! Aproveitade antes das vacacións para emprestalos. Hai comic, manga, biografías, contos en galego, etc... Podedes consultar a súa disponibilidade no catálogo vitual:  OPAC . Fixemos unha infografía e copiamos os datos básicos dos fondos: Serie Niños Famosos Beethoven, Chopin, Tchaikovsky, Haydn, Brahms, Mozart, Schumann Autor/es:  Hellard, Susan  /  Rachlin, Ann Editorial:  Omega  1993-  Localización:  LI.I/RAC    Estado:  Dispoñible   Rexistro:  7312-7319 El dulce hogar de Chi ,  Autor/es:  Kanata, Konami Editorial:  Planeta Cómic  2014-2015 Localización:  LI.I/KAN/dul   Estado:  Dispoñible   Rexistro:  7310 ¡ Yotsuba! Autor/es:  Azuma, Kiyohiko ,  Editorial:  Norma  2005-  Localización:  LI.I/AZU/yot   Estado:  Dispoñible   Rexistro:  7309 Pequeña historia de la música ,  Autor/es:  Julius  /  Argenta, Fernando   Editorial:  Espasa  D.L. 2015- Localización:  LI.I/ARG/peq   Estado:  Dispoñible   Rexistro:  7311 Historia de la música p

DECEMBRO: SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA

Imaxe
Fonte:  Sociedad Filarmónica Ferrolana   Fecha/Hora:  15/12/2021,  20:30.  Ubicación:  Teatro Jofre Obras de Marcial del Adalid Primeira parte 3 Marches 1/ Do menor 2/ Mi b maior 3/ Re menor Sonate nº 1: 1/ Allegro moderato 2/Scherzo 3/Andante. Arietta 4/Rondó Segunda parte Sonate nº 2: 1/ Allegro brillante 2/Minuetto 3/Intermezzo cantabile 4/Rondó gracioso

12 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA NEUTRALIDAD

Imaxe
A neutralidade é un dereito que non só posúen as nacións, aínda que no caso da ONU, tendo claro que os países poden decidir quedarse á marxe e que se respecte a súa posición, permite que este órgano de goberno gañe e manteña un certo nivel de confianza. polos habitantes do mundo e lograr a cooperación de todos os seus membros a pesar de que o punto a tratar son situacións políticas moi cargadas.

NOVIDADES: piano

Imaxe
   Tocas o piano? Temos moitas novidades en piano-dúos  (PI.D 40) e piano-métodos (PI.M 109 a 131). Podes consultalos tranquilamente na OPAC:  enlace á OPAC .

3 DE DECEMBRO: DÍA DAS PERSOAS CON OUTRAS CAPACIDADES

Imaxe
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con outras Capacidades co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con estas diversidades en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.  Estas persoas con outras capacidades son aquelas que ao ter unha ou varias diversidades físicas, psíquicas, xa sexan por razóns mentais ou intelectuais, ou sensoriais, de carácter temporal ou permanente, ao interactuar con diversas barreiras presentes no medio, teñen certas dificultades  na súa participación plena e efectiva na sociedade.  As persoas con certas diversidades funcionais son a minoría máis numerosa do mundo, e adoitan ter máis dificultades que outros grupos a todos os niveis, especialmente no acceso á educación, ao mercado laboral e ás dificultades económicas. Por estes motivo queremos conmemorar este día para recordar que todas e todos temos o dereito de sentirnos incluídxs nesta sociedade independente

NOVIDADES: LITERATURA INFANTIL

Imaxe
 Xa están disponibles en sala novos títulos de literatura infantil!!! Esperamos que vos gusten

NOVIDADES: historia da música e biografías

Imaxe
Grazas a unha doazón temos novidades na materia de Historia: as sinfonías de Beethoven e a biografía de Mozart. Nestes enlaces á OPAC podes ver a súa descrición: Wolfgang Amadeus Mozart As sinfonías de Beethoven   Sáudos desde a biblioteca

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
 Case 1 de cada 3 mulleres sufriu abusos ao longo da súa vida. En tempos de crise as cifras aumentan, como se viu durante a pandemia da COVID-19 e as recentes crises humanitarias, conflitos e catástrofes climáticas. Un novo informe de ONU Mulleres, baseado en datos de 13 países desde a pandemia, mostra que 2 de cada 3 mulleres sufriron algún tipo de violencia ou coñecían a unha muller que a sufriu. Desafortunadamente, só 1 de cada 10 dixo que acudiría á policía para pedir axuda. Á súa vez, concluíuse que estas mulleres teñen máis probabilidades de enfrontarse á pobreza e á escaseza de alimentos Aínda que a violencia de xénero está xeneralizada, pódese e debe previrse. Parar esta violencia comeza con crer nos superviventes, adoptar enfoques integrais e inclusivos que aborden as causas profundas, transformen as normas sociais prexudiciais e empoderen ás mulleres e ás nenas. Con servizos esenciais nos sectores policial, xudicial, sanitario e social, e cun financiamento suficiente para loi

22 DE NOVEMBRO: DÍA DA MÚSICA E DAS/OS MÚSICAS/OS

Imaxe
O día da música celebra a música en todas as súas formas e o impacto que ela ten no mundo e nos seres humanos. Para conmemorar este día queremos darvos a coñecer a este trío galego de música acústica. Chámanse TRILITRATE e fan unha música inclasificable.  Esta banda viguesa formada por Elena Vázquez (violín), Rubén Abad (guitarra clásica) e Marcos Padrón (acordeón), somete cada nota a un rigoroso proceso de destilación, disolución e combinación das súas influencias, desdebuxando as liñas existentes entre o clásico, a música étnica, a contemporánea, a improvisación libre, o jazz, o hardcore… Nestes momentos están a presentar o seu terceiro álbum titulado  Está de grelo. Este novo álbum  está composto por  trece temas que abren unha nova fenda aos contornos do folk, da música clásica e da contemporánea, polos que entrar a un paraíso sonoro sen limitacións, onde os leitos dos distintos xéneros musicais atópanse nun océano de esplendor, beleza e luminiscencia. Disfrutade da música de TRILI

20 de novembro: Día da Infancia

Imaxe
O 20 de novembro é un día importante: celébrase o Día Universal da Infancia e conmemóranse os aniversarios da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno (1989). . Esta Convención, o máis universal dos tratados internacionais, establece unha serie de dereitos dos nenos e das nenas, entre os que se inclúen os relativos á vida, á saúde e á educación, o dereito ao xogo, á vida familiar, á protección contra a violencia e á discriminación e a ter as súas opinións.  Todos os membros da nosa sociedade -pais, profesores e persoal sanitario, líderes gobernamentais, líderes relixiosos, personalidades da política, dos negocios, da sociedade civil e dos medios- xogan un papel fundamental no benestar dos nenos. Así, este Día Mundial ofrécenos un punto de partida para levar a cabo medidas inspiradoras para defender, promover e celebrar os dereitos da infancia a través de diálogos e accións que permitan construír un mundo mel

NOVIDADES EN AUDIOVISUAIS: la armonía trovada

Imaxe
CD-H.M / arm. (*R7248) Xa está catalogado o CD " La Armonía Trovada: Música recuperada en los Archivos de Castilla-La Mancha ", con música interpretada pola agrupación Schola Antigua que dirixe Juan Carlos Asensio, editado recentemente pola Consejería de Educación, Ciencia e Cultura. " Este CD foi editado con motivo dos concertos de Música Medieval titulados "La Armonía Trovada" que celebráronse o ano 2010 nas cidades de Cuenca, Guadalajara e Toledo pola agrupación musical Schola Antigua. Interpretáronse distintos fragmentos de música relixiosa inéditos dos séculos XII e XIII, atopados como encadernación de documentos notariais entre os fondos documentales dos Archivos Históricos Provinciais de Cuenca, Guadalajara e Toledo. Estes manuscritos presentan variantes musicolóxicas locais do entonces canto habitual nas igrexas e mosterios altomedievais. O prestixioso grupo dedícase ao estudo, investigación e interpretación de música antiga, e en especial do can

NOVEMBRO: SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA

Imaxe
Fonte:  Sociedad Filarmónica de Ferrol   Fecha/Hora:  26/11/2021,  20:30.  Auditorio de Ferrol GIANCARLO GUERRERO  director Programa: GUSTAV MAHLER Blumine MAURICE RAVEL Mi madre la Oca: 5 piezas infantiles (suite) RICHARD STRAUSS (ARR. OCHOA) Sinfonía – Suite de «Ariadne auf Naxos»*

NOVIDADES: literatura infantil-xuvenil

Imaxe
Desde a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos envíannos 5 exemplares de "Endrina e o segredo do peregrino" de Concha López Narváez.  Dede a dirección escriben que " esta edición non venal da novela é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Academia Xacobea e esperan que a lectura da mesma entre o alumando sirva dun maior coñecemento do Camiño de Santiago e tamén reforce o seu vínculo coa lectura pracenteira ". Tédelos en LI.I/ LÓP/seg

NOVIDADES: Publicacións periódicas

Imaxe
  Xa están dispoñibles as seguintes publicacións periódicas: os derradeiros número de Aula de Secundaria e Eufonía ( R.M. euf89 )

CONVOCATORIA BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS 2021-22

Imaxe
Fonte: edu.xunta.es  Eres alumno/a do Conservatorio e gustaríache colaborar na biblioteca?   Se estás interesado/a ou queres informate do programa podes mandar un correo a:  bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com  cos teus datos para poder poñernos en contacto contigo. Non esquezas poner no asunto " Bibliotecas Solidarias " Prazo para apuntarnos no programa:  antes do  9 de decembro

13 DE NOVEMBRO: DIA MUNDIAL DA BONDADE

Imaxe
Hoxe queremos conmemorar o día da bondade.  Mediante a celebración deste día reafírmanse as boas accións nas persoas e nas comunidades do mundo, sendo a bondade un elemento esencial da condición humana que une as divisións de raza, relixión, política e x éner o. Celebremos hoxe (e todos os días do ano) a bondade cunha boa acción!

11 de NOVEMBRO: DÍA DAS LIBRARÍAS

Imaxe
 Con un pouco de retraso,... mais a mensaxe é boa.

DOAZÓN: colección de Ópera

Imaxe
 Grazas a unha doazón temos a colección " El mundo de la ópera " con 10 CDs. Atoparédelos en H.M. mun. (*R7184-7201).

CONCERTO CERCA DE NOS: 13 novembro

Imaxe
 

DOAZÓN: publicacións periódicas e clarinete

Imaxe
Temos novidades en publicacións periódicas de Nassarre e Neuma   (P.P. NAS 34 e 35, P.P NEU11-2 ) e un método de clarinete:  Rafael Salvador, Las escalas en el clarinete, Ed. Piles ( *R7202) CA.M 35

NOVIDADES: frauta-métodos

Imaxe
  Temos novidades en frauta-métodos ( FR.M 48, *R2614 ).  Método de David Porcelijn.

NOVIDADES: Percusión-métodos

Imaxe
Tedes disponibles para o seu empréstito dous novos fondos: percusión-métodos ( P.M 33-34; *R7182-7183 ): Michael Jansen, Método de percusión, 05 e 06.

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Imaxe
Fonte:  Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia   Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola  Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil  á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.    A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do  Día das Bibliotecas , este 24 de outubro de 2021.  "A edición deste ano, baixo o lema  “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”  céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos."   As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha fer

DÍA DA BIBLIOTECA: 24 DE OUTUBRO. Novos usuarios

Imaxe
                                                                                       Canvas  Durante estes días, aproveitando que o 24 é o día das bibliotecas, as profesoras que imparten linguaxe musical en 1º de GE colaborarán connosco para repartir os carnés de usuarios ao novo alumnado.   Tamén explicarán brevemente onde poden atopar toda a información referente a ela, que poden colaborar connosco dentro do programa "Bibliotecas escolares solidarias" e repartirán marcapáxinas e este pequeno folleto que fixemos en biblioteca con moito agarimo.  Enlazamos co titorial e a guía ( Guía do usuario 2021-22 ) que esperamos sexan útiles: Saúdos desde a biblioteca

5 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES

Imaxe
Fonte: youtube.com

OUTUBRO: SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA

Imaxe
 

1 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DO SORRISO

Imaxe
Fonte: Microsoft bing. www.diainternacionalde.com  Hoxe, primeiro venres de outubro, é o Día Mundial do Sorriso. Harvey Ball, o creador deste emoticono 😊, decidiu hai 22 anos dedicar un día para lembrar ser felices e levar a felicidade aos demais.  Desde 2001, ano do falecemento de Harvey, é a Fundación Harvey Ball World Smile a que se encarga de realizar actividades e recaudar fondos por todo o mundo a intentar transmitir alegría.    Os beneficios do sorriso son moitísimos e parece que non importa en que lugar do mundo esteas, porque un sorriso sempre é positivo. Comparte sorrisos hoxe. 

NOVIDADES: FONDO LOCAL

Imaxe
Desde o Concello de Ferrol achégannos o fondo "Memoria histórica de Serantes" de J.J. Burgoa e Guillermo Llorca (Coord.)   Atópase en H.V. BUR mem (*R7179 )

CERTAME XUVENTUDE CREA 2019 E 2020

Imaxe
   Grazas á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta, temos dous exemplares das publicacións que recollen as obras gañadoras de todas as especialidades do certame Xuventude Crea 2019 e 2020 , que na actualidade inclúe artes plásticas, banda deseñada, fotografía, deseño de xoias, graffiti, danza moderna, moda, música, poesía, novela curta, cociña, creación de videoxogos, videocreación e teatro. ( H.A xuv; *R7180-7181). Podes consultar a súa disponibilidade na   OPAC Para ampliar información clica no enlace: http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea

NOVIDADES: a linguaxe da música

Imaxe
  Desde a Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional achegan material adaptados para teleformación:  "En consonancia coa liña específica de formación e capacitación para ensinanzas de réxime especial do plan formativo en recursos dixitais especializados da Estratexia de Educación Dixital 2030, e co obxecto de facilitar , a partir do curso académico 2021/22, o tratamento de cada unha das materias de carácter teórico-práctico nas ensinanzas elementais e profesionais de música nos conservatorios profesionais dependentes da Xunta de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon á disposición destes centros materiais adaptados para teleformación, aos que xa poden acceder desde a súa aula virtual.  Preténdese contribuír a desenvolver o currículo das materias "Educación auditiva e vocal", "Linguaxe Musical", "Análise", "Harmonía", "Historia da música" e "Novas tecnoloxías" nas ensinanzas elementais e

NOVIDADES: aula de secundaria e alzapúa

Imaxe
  Xa tedes dispoñibles en sala os derradeiros números das revistas Aula de secundaria e Alzapúa na sección de publicacións periódicas.

EUFONÍA

Imaxe
   Comezamos a publicar novidades  Xa tedes disponible o derradeiro número de Eufonía (nº88) (R.M. euf88 ).  Tamén podedes consultalo na súa páxina web:  Eufonía: Didáctica de la música. 2021, Nº 88 - Dialnet (unirioja.es) Lembrade que podedes consultar a súa disponibilidade na  OPAC  

GUÍA DO USUARIO 2021-22

Imaxe
Xa temos a guía do usuario para este curso. Poderedes acceder a ela durante todo o curso na páxina principal do blog. Esperamos que a atopedes útil. Guía do usuario 2021-22

22 de SETEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DO MIMO, o mimo ten a palabra

Imaxe
Fonte:   Día Internacional del Mimo  A idea de celebrar o Día Internacional do Mimo xurdiu do actor e mimo francés Jean Bernard Laclotte, a coincidir ca morte do gran Marcel Marceau. Descoñecemos a data oficial na que se institucionalizou mais parece ser que foi no 2011 coa participación de diversos países, entre eles España.   De orixe xudía, Marcel Marceau (Mangel) tivo unha vida profundamente marcada pola ocupación nazi de Francia. Gran admirador de Charles Chaplon, decidiu estudar arte dramática ao rematar a guerra. En 1947 creou Bip , un personaxe a raias, pantalones negros e un sombreiro cunha flor vermella que pasaría a ser unha icona. Mesturaba acrobacia, ballet, ilusionismo coa súa xenialidade. Unha forma de comunicación a través do silencio. Fonte: youtube. Silent movie. Marcel Marceau  Podes seguer a Laclotte na súa páxina web:   Le monde du mime, du théâtre gestuel, de la magie de la pantomime (free.fr) O seu correo é lemimealaparole@live.fr ( o mimo ten a palabra ), coma

CURSO 2021-22: APERTURA

Imaxe
 

A BIBLIOTECA EN FACEBOOK

Imaxe
     Atópanos en @bibliotecajfl

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: LEMA CURSO 2021-22

Imaxe
Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia    "A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido,  A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e a oralidade.   A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2021-2022 é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en formacións e obradoiros.   Os textos escritos e as producións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou de información axudan o alumnado a medrar donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento. Mais tamén, as  bibliotecas escolares son espazos sociais de encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta, os clubs de le

MEMORIA: XEOGRAFÍAS SONORAS 20-21

Imaxe
  Todos os cursos desde 2006 a Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Asesoría de Bibliotecas Escolares) publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia. O lema elixido para o curso 2020/21 foi “ XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR ” [1] e a encargada nesta ocasión de interpretar e materializar esa idea foi Bea Lama [2] . Foto 1. “Xeografías lectoras” por Bea Lama.   Este curso en especial, se nos convida a explorar todas as posibilidades que nos ofrece a lectura para construír á persoa lectora. No noso caso extrapolámolo á escoita de música porque ao igual que a lectura, tamén é unha sorte de viaxe; como din Consuelo Gundín e María José Pousa “( ...) obedecen á mesma pulsión: o desexo ou a necesidade de abrir unha paréntese na vida cotiá, romper coa rutina, coñecer outros lugares, vivir novas experiencias, ser outros .” [3]   Así pois, o equipo de biblioteca propuxo desde o blog escoitas semanais desde diferentes perspectivas cun mapa do mundo