3 DE DECEMBRO: DÍA DAS PERSOAS CON OUTRAS CAPACIDADES
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con outras Capacidades co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con estas diversidades en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.
Estas persoas con outras capacidades son aquelas que ao ter unha ou varias diversidades físicas, psíquicas, xa sexan por razóns mentais ou intelectuais, ou sensoriais, de carácter temporal ou permanente, ao interactuar con diversas barreiras presentes no medio, teñen certas dificultades na súa participación plena e efectiva na sociedade.
As persoas con certas diversidades funcionais son a minoría máis numerosa do mundo, e adoitan ter máis dificultades que outros grupos a todos os niveis, especialmente no acceso á educación, ao mercado laboral e ás dificultades económicas.
Por estes motivo queremos conmemorar este día para recordar que todas e todos temos o dereito de sentirnos incluídxs nesta sociedade independentemente das nosas capacidades.
Comentarios
Publicar un comentario