Cartel VII Xornadas "Os días 18 e 19 de novembro , no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, terán lugar as VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia , a cita anual do profesorado interesado polas bibliotecas escolares, a lectura e as competencias en medios e información (ALFIN/AMI). Serán día e medio intensos dedicados a revisar algúns aspectos fundamentales sobre a biblioteca escolar e as súas funcións nos centros educativos, como soporte e ferramenta imprescindible para unha educación acorde ás necesidadees do alumnado do século XXI e no contexto galego. Xunto coa difusión de experiencias de interese en todos os ámbitos de actuación da biblioteca escolar (promoción da lectura, traballo coa información, metodoloxía de proxectos, implicación das familias na construción de lectores, apoio ao desenvolvemento do currículo, integración das TIC, interculturalidade e atención á diversidade (biblioteca inclusiva)... Así mesmo haberá unha sesión para comunica