Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Banda deseñada

Falece Marjane Satrapi

Imaxe
  Hoxe faleceu, aos 56 anos de idade, a debuxante de cómics francoiraní Marjane Satrapi , autora da coñecida obra Persépole , que relata a súa infancia en Teherán e os cambios en Irán tras o derrocamento do Sha de Persia en 1979 e a instauración da República Islámica. Marjane naceu en Rasht, Irán, en 1969. Medrou en Teherán nunha familia de intelectuais de esquerdas e a súa nai foi quen lle dixo algo que aparece en Persépole e que nunca esqueceu: "Na túa vida coñecerás moitos tontos. Se che fan dano, recorda que é porque son estúpidos. Non respondas á súa crueldade. Non hai nada peor que a amargura e a vinganza.  Amosa a túa dignidade e a túa integridade".  A súa nai tiña razón e Satrani pasou toda a súa vida demostrándoo. 

II Día de Ibáñez

Imaxe
  Con motivo do II Día Ibáñez, Bruguera, selo de Penguin Random House Grupo Editorial que publica as súas obras desde hai máis de 60 anos, presentou este venres unha homenaxe que levará o universo creativo de Francisco Ibáñez a distintos puntos de Barcelona no ano en que o autor cumpriría 90 anos. A cidade acollerá un roteiro de dioramas inspirados nas súas viñetas máis icónicas, protagonizados por personaxes como Mortadelo e Filemón, Rompetechos ou O botóns Sacarino. Estas pezas instalaranse en diferentes espazos vinculados á lectura, os cómics e ao propio autor, e recrean escenas "cheas de detalles e humor" características do estilo de Ibáñez. A iniciativa busca reivindicar a vixencia de personaxes como Mortadelo e Filemón, 13, Rue do Percebe, O botóns Sacarino e Rompetechos, que seguen formando parte da memoria cultural colectiva. seguir lendo Se queredes saber máis de  Mortadelo e Filemón , visitade a web non oficial.

ASTERIX!!!!

Imaxe
Fonte:  huffingtonpost.fr    O vindeiro volume de Asterix ( O Iris branc o) sae o vindeiro 26 de octubre e xirará en torno a un personaxe intrigante, Tulius Vicévertus, inspirado en dous personalidades francesas, Bernard-Henri Lévy e Dominique de Villepin. Se che gusta a banda deseñada non te podes perder a súa saída. Neste novo volume, o novo enimigo do pequeno galo é un tal Tulius Vicévertus, médico de Julio César, que se amosa tamén como un filósofo adepto ao pensamento positivo. O obxectivo deste misterioso gurú é de volver a motivar as tropas romanas dando problemas na aldea dos “irreductibles galos”.