Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Libro

Un libro recolle por primeira vez ata 704 cantigas de amor

Imaxe
  Unha investigadora da USC recompila os textos transmitidos nos cancioneiros medievais da Ajuda, da Biblioteca Nacional e da Vaticana C antiga medieval. Foto de arquivo 704 cantigas de amor  nunha mesma obra. Ese é o  novo libro da profesora da Universidade de Santiago (USC) , Mariña Arbor Aldea. A serie, dedicada á poesía galego-portuguesa,  recolle por primeira vez a edición crítica destes textos  transmitidos polos principais cancioneiros medievais. É o caso da Ajuda, da Biblioteca Nacional e da Vaticana. A publicación supón un avance destacable  na recuperación e divulgación do patrimonio literario  galaico-portugués. O volume impreso que  se presenta este xoves 24  recolle as 704 cantigas de amor co nome de  Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor . Cada unha delas está acompañada  cunha paráfrase en galego actual  e referencias ás fontes manuscritas e ás edicións previas existentes. Por outra banda, o libro tamén contará ...

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, 2 de abril

Imaxe
Como xa sabedes, o día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil para conmemorar o nacemento de Hans Christian Anderse. A OEPLI, xunto coas súas catro sección - Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil-ClijCAT, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil-GÁLIX, e Galtzagorri Elkartea-, como todos os anos quere conmemorar ese día con todos os alumnos de Primaria e 1º Ciclo de Secundaria de Galicia e para isto convocaron o concurso Nós lemos e ti? que xa colgamos neste blog.     Como membros do IBBY e coa intención de que en todos os países do mundo se celebre o Día Internacional do Libro Infantil colgamos aquí a mensaxe " Muchas culturas una historia" da escritora MARWA OBAID e o cartel de NASIM ABAEIAN que este ano preparou a sección de Unión de Emiratos Árabes do IBBY e que, coa versión nas catro linguas oficias atoparedes na web da OEPLI .   "Falamos diferentes li...