Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta UNESCO

Día Mundial da Educación 2025

Imaxe
Cada 24 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación. Este ano, o lema da xornada «Intelixencia artificial e educación: preservar a autonomía nun mundo automatizado», destaca a importancia de ter en conta o impacto, cada vez maior, da intelixencia artificial no eido educativo.  Nesta xornada a Unesco pon o foco nas grandes oportunidades que presenta a intelixencia artificial no eido educativo, pero tamén nas ferramentas que debemos desenvolver para garantir que se manteña o control sobre esta nova tecnoloxía e que poida dirixirse a obxectivos desexados, tendo como guía os dereitos humanos e a promoción do progreso cara aos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS). Para garantir unha boa utilización deste potente recurso nas aulas é imprescindible a formación do profesorado e do alumnado en recursos críticos e éticos. Por outra banda, a Unesco incide na importancia da investigación para reforzar o aliñamento das decisións das máquinas coa intención e cos valores humanos, e na...