Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Auditorio de Ferrol

Concerto Agrupacións Grao Elemental no Auditorio Municipal de Ferrol. Martes 2 de xuño ás 19:00 h

Imaxe
  O próximo martes 2 de xuño ás 19:00 h, no Auditorio Municipal de Ferrol , terá lugar o concerto de fin de curso das agrupacións de Grao Elemental do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Participarán o Peque Coro, da Pequeorquestra e da Pequebanda. Convidámosvos a este encontro musical tan especial, no que desfrutaremos do traballo e da ilusión do alumnado máis novo do conservatorio .

Pinceladas sonoras. 3 de xuño ás 19:00 h no Auditorio Municipal de Ferrol

Imaxe
  O vindeiro mércores 3 de xuño ás 19:00 h no Auditorio Municipal de Ferrol , terá lugar "Pinceladas Sonoras", un encontro artístico único onde a música e as artes plásticas fusiónanse para derrubar barreiras. A través deste concerto, o alumnado de piano do conservatorio Xan Viaño, presta as súas mans ao piano para dar vida ás partituras, mentres que alumnado do colexio Terra de Ferrol proxecta o seu mundo interior traducindo esas mesmas melodías en trazos, texturas e cores. Unha experiencia sensorial e de inclusión que demostra que a arte é unha linguaxe universal capaz de conectar realidades e emocionar sen límites.

Concertos 2025 Sociedade Filarmónica Ferrolana

Imaxe
PRÓXIMOS CONCERTOS DO 2025 Deixamos aquí o listado dos próximos concertos organizados pola Sociedade Filarmónica Ferrolana.  O alumnado interesado en asistir a algún destes concertos, pode solicitar a súa entrada anotándose nas follas de rexistro que estarán en conserxería, ata catro días antes de cada concerto : pide en conserxería a folla do concerto que che interese anota o teu nome completo xunto co instrumeno que tocas  e escribe o  nome do teu titor ou titora Sempre teredes que ir acompañados e supervisados por un ou unha docente . De non estar ningún docente apuntado na lista, non se fará a petición das entradas xa que non podedes asistir sós. De todos xeitos, se tedes algunha dúbida, podedes falar comigo no aula 15 ou nas miñas gardas de biblioteca ou horario de coordinación.  Moitas grazas e apertas. Soraya García Riveiros Docente de Frauta Travesa Coordinadora da Bibloteca José Fontenla Leal  CMUS Xan Viaño de Ferrol Aquí deixo o listado dos concertos...

Concerto o 24 de outubro as 20:30 h. no Auditorio de Ferrol. Sociedade Filarmónica Ferrolana.

Imaxe
  Preme na imaxe para obter máis información deste concerto