Pinceladas sonoras. 3 de xuño ás 19:00 h no Auditorio Municipal de Ferrol
O vindeiro mércores 3 de xuño ás 19:00 h no Auditorio Municipal de Ferrol, terá lugar "Pinceladas Sonoras", un encontro artístico único onde a música e as artes plásticas fusiónanse para derrubar barreiras.
A través deste concerto, o alumnado de piano do conservatorio Xan Viaño, presta as súas mans ao piano para dar vida ás partituras, mentres que alumnado do colexio Terra de Ferrol proxecta o seu mundo interior traducindo esas mesmas melodías en trazos, texturas e cores.
Unha experiencia sensorial e de inclusión que demostra que a arte é unha linguaxe universal capaz de conectar realidades e emocionar sen límites.
Comentarios
Publicar un comentario