Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Biblioteca José Fontenla Leal

Premiados no II Concurso de Postal de Nadal Musical

Imaxe
Boa tarde a todos e todas. Comprácenos anunciar os e as gañadoras desta nova edición do II Concurso de Postal de Nadal Musical. Antes de nada, dar as grazas pola tan boa acollida e tan numerosa participación este curso.  Por iso este ano, e saltándonos as bases publicadas un pouco presionados polo trasno Brétemo, este ano concederemos un 1º premio e catro 2ºs premios. Estaba moi reñida a cousa e a calidade das postais este ano foi moi boa, por iso fixemos unha excepción.  Todos e todas as participantes terán o seu diploma de agradecemento xunto con un pequeno agasallo. Os gañadores, levarán un vale cunha dotación económica, para canxear por material musical, cunha caducidade dun ano. Vémonos na biblioteca o día 18 de decembro ás 17:00 h. para a entrega de premios, vales e agasallos.  Grazas e parabéns a todos e todas por participar !! O Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.

Contacontos e charla con Isabel Ramos Breijo. Na nosa biblioteca o 10 de decembro ás 17:00 h.

Imaxe
O día 10 de decembro ás 17:00 h. , teremos a visita na biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño, da escritora galega ... 🌟📖🖋 Isabel Ramos Breijo (Puente de Mera, Ortigueira, 1971).  Amante da escritura dende moi nova, comezou no mundo do teatro con Roberto Leal, incorporándose posteriormente ás escolas de teatro de Narón con Luis Ramos, onde participou durante varios anos como membro activa do grupo TEN, co que representou varias obras. Nese grupo coñeceu a María Jesús Guillén (Fusa), coa que fixo o curso de perfeccionamento.  Colabora con diversas asociacións culturais e publicou os seus primeiros relatos na revista literaria Amigos de la poesía y la literatura de Narón. Tamén participa en varios obradoiros de escritura, entre eles Pluma Encendida . Forma parte como membro moi activo da Asocación Gallega de Escritores ( AGER ). Presentou o seu primeiro libro de relatos "Hasta el infinito y más allá" no ano 2022 e un ano despois, a novela negra/policíaca "El s...

II CONCURSO DE POSTAL DE NADAL MUSICAL. ORGANIZA A BIBLIOTECA JOSÉ FONTENLA LEAL DO CMUS XAN VIAÑO

Imaxe
 XA PODEDES PARTICIPAR !!! TEDES O BUZÓN NA BIBLIOTECA PARA DEPOSITAR AS VOSAS CREACIÓNS. A POSTAL GAÑADORA CO 1º PREMIO FARASE PÚBLICA NA PÁXINA WEB DO CENTRO E TAMÉN SE ENVIARÁ ÁS FAMILIAS POR CENTROS NET PARA FELICITAR O NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. LEMBRADE LER BEN AS BASES, SOBRE TODO EN RELACIÓN Á LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS. SE TEDES ALGUNHA DÚBIDA, PREGUNTADE A UN DOCENTE DE GARDA QUE ESTEA NA BIBLIOTECA OU Á COORDINADORA NO AULA 15, SORAYA. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!! 

Merendas Terroríficas de Samaín: 27, 28 e 29 de outubro de 17:15 h. a 17:45 h.

Imaxe
TRAE UNHA BOA MERENDA TERRORÍFICA MENTRES SE PROXECTA CINE DE MEDO

II Concurso de Microrrelatos de Samaín 2025/26

Imaxe
Desde o EDLG e o Equipo de Biblioteca do CMUS Xan Viaño, un ano máis, propoñémosvos un concurso de microrrelatos para o Samaín, o II Concurso de Microrrelatos de Samaín . Podedes consultar as bases aquí   así coma nos carteis que hai colocados polo centro. Xa está aberto o plazo para participar dende o día de hoxe, e tedes ata o día 24 de outubro . Ao longo do mes, publicaremos a data na que concederemos os premios. Estade atent@s! Animádevos a participar e sede creativos!  Hai premio para o mellor microrrelato de cada categoría!

Novas normas para merendas. Curso 2025/26

Imaxe
 

Apertura e horarios neste novo curso 2025/26

Imaxe
 

Novo curso 2025/2026

Imaxe
 

Peche para o curso 2024/2025 por cuestións de organización e xestión.

Imaxe
 

Novos xogos de mesa na Biblioteca do Xanvi !

Imaxe
 JUEGO DE TONOS JUEGO DE TONOS (edición bilingüe inglés-castellano) ¿Cuánto sabes de escalas? ¿Y de acordes? ¿Qué tal con las figuras rítmicas? con Juego de Tonos ® podrás mejorar tu nivel musical a la vez que te diviertes con 12 juegos de cartas distintos que presentan una gran variedad de mecánicas (de estrategia, solitario, cooperativos). En ellos se te retará a formar acordes o escalas, a completar compases, ¡o a todo a la vez!. Todos los juegos poseen múltiples niveles, gracias a lo cual se puede jugar de literalmente cientos de formas diferentes. Para algunos de ellos no tener conocimientos de música, otros son para nivel principiante, y la dificultad se va elevando hasta llegar a juegos con un alto componente de estrategia en el nivel avanzado, combinando intervalos, escalas, acordes y figuras rítmicas ¡Pon a prueba tu nivel musical y aprende sin darte cuenta con este divertido set de juegos! Diseñado desde el punto de vista didáctico, Juego de Tonos incluye una gradación d...

IV Puzzle Colaborativo no CMUS Xan Viaño !!

Imaxe
  Dende hoxe temos na biblioteca outra proposta de P uzzle Colaborativo .  Nesta ocasión unha orquestra sinfónica ao completo, con nada máis e nada menos que 2000 pezas !! Xa tedes traballiño. Animádevos !! Aquí tedes as instruccións para participar: AQUÍ O TEDES, ESPERANDOVOS PARA COMEZAR !!

Cambios nos horarios da biblioteca José Fontenla Leal, hoxe 17 de febreiro

Imaxe
 

Novos fondos na biblioteca do Xan Viaño

Imaxe
NOVOS FONDOS XA CATALOGADOS MATERIAL PARA ÓBOE MATERIAL PARA FRAUTA TRAVESA MATERIAL PARA CANTO MATERIAL PARA PERCUSIÓN MATERIAL PARA CHELO MATERIAL PARA PIANO

Localización da coordinación da Biblioteca José Fontenla Leal para dúbidas e axuda.

Imaxe
Dende o primeiro día de clase deste ano 2025, podedes atopar ao carón do Aula 15 no segundo andar, esta imaxe. Estarei neste aula ou na biblioteca. Lembrade que tedes un caixón de suxerencias para calquera cousa que nos querades comentar ou compartir e os e as docentes de garda que están cada hora diariamente, tamén estarán gustosos e gustosas de podervos axudar no que precisedes. Moitas grazas de antemán e bo comezo de curso neste novo ano 2025 ! Vémonos polo Xanvi e que a música siga soando😀! Soraya García Riveiros Docente de Frauta Travesa Coordinadora da biblioteca José Fontenla Leal CMUS Xan Viaño de Ferrol

Cambios de última hora na entrega de premios do " I Concurso Postal Musical de Nadal "

Imaxe
  Queremos informar de que, debido a un imprevisto, non podemos facer a entrega dos premios como se tiña previsto. Pedimos desculpas polas molestias e polo cambio de última hora.  De todos xeitos, o alumnado participante e tamén os premiados, poden recoller o seu agasallo e o seu diploma en conserxería , polo que tamén agradecemos aos conserxes o favor que nos fan.  Dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca , queremos desexar a todo o alumnado e ás súas familias, que pasedes unhas boas festas e que o aninovo 2025 sexa bo e cargadiño de moi bos libros e música. Apertas e vémonos o ano que ven !

Publicación e entrega de premios do " I Concurso Postal de Nadal Musical"

Imaxe
Facemos públicos os premios !!   Parabéns ás gañadoras e tamén a todo o alumnado participante.  Publicaremos aquí no blog as imaxes de todo o alumnado participante ao longo destes días. 1º Premio: Ada López Armada 2º Premio: Valentina Costas Cortés Logo ás 17:00 h. na biblioteca , o mércores 18 de decembro , farase a entrega de premios e tamén haberá un pequeno agasallo para todo o alumnado participante. A imaxe da postal gañadora co 1º premio será a encargada de felicitar estas datas a todas as familias e a toda a comunidade educativa. Tamén se fará pública na páxina web do centro.  Dende o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca , queremos agradecer a boa acollida deste concurso e a numerosa participación.  Moitas grazas e vémonos o día 18 de decembro ás 17:00 h. na biblioteca. V émonos alí !! O  Equipo de Dinamización de Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca.

Novidades na biblioteca José Fontenla Leal

Imaxe
REPERTORIO PARA BANDA DE MÚSICA REPERTORIO PARA ACORDEÓN Deixamos aquí as últimas novidades na biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño que xa podedes consultar. Lembrade que están colocadas nas repisas de novidades.  Se tedes calquera dúbida ou queredes buscar algún fondo concreto, falade co ou coa docente de garda. Lembrade tamén que tedes un buzón para recibir as vosas suxerencias.  Moitas grazas. O Equipo de Biblioteca do Xan Viaño.

Este ano a nosa biblioteca participa no programa Bibliotecas escolares solidarias - Voluntariado para o curso 2024/25 !!

Imaxe
O Portal educativo vén de publicar a Resolución definitiva de centros adheridos ao programa Bibliotecas Escolares Solidarias Voluntariado nas modalidades de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria e Voluntariado na biblioteca escolar Secundaria e outras ensinanzas conforme ao disposto no apartado oito da Resolución do 16 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa Bibliotecas Escolares Solidarias, integrado no PLAN LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de bibliotecas escolares, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25. Este curso fixemos a solicitude para participar e estamos admitidos, coa presenza de alumnado voluntario para colaborar na biblioteca do Xan Viaño. Parabéns e moitas grazas a ese alumnado colaborador!! O Equipo de Biblioteca. Para máis info: PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO TEXTO DA RESOLUCIÓN