Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta fagot

Audición de Fagot. Xoves 4 de xuño ás 19:00 h

Imaxe
  Audición de fin de curso de fagot, o próximo xoves 4 de xuño ás 19:00 h .  Participará alumnado do profesor de fagot Javier Alama, acompañados pola profesora pianista acompañante, Lorena Dapena.

ANPA: A FAMILIA FAGOTERA ESTREA SOPORTE

Imaxe
O xoves a Familia Fagotera estreou un soporte para seis fagotes grazas a colaboración de moitas persoas.   Sempre baixo as indicacións e supervisión da profe de fagote Patricia Castro Vazquez o ANPA diseñou e fabricou un soporte para seis fagotes único no mundo xa que os que hai nas tendas ou intert son para un máximo de tres.   Detalle do novo soporte para os fagotes Grazas tamén ao Conservatorio Xan Viaño que proporcionou ao ANPA parte do material para reciclar dunha pizarra vella. O ANPA mercou outro mouco material e as pezas en forma de ferradura as fixo un pai; así puido levarse a cabo este proxecto que era moi necesario pois as clases colectivas de fagote resultaban de alto risco -estamos a falar de que o fagote mais cativo non baixa dos 2000 €-  por carecer de soportes para tantos alum@s que estudan este curso na especialidade de fagote (14 nen@s ).