Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2021

OS NOSOS GRANDES LECTORES

Imaxe
 Este curso quixemos recoñecer a ilusión e o entusiasmo dos nosos usuarios e Alba, Alicia e Iago foron os grandes lectores elixidos por MEIGA.  Esperamos que lles gustara o diploma e o pequeno agasallo que recibiron e que sigan sempre coa mesma ilusión mergullándose na lectura e na escoita.  Moitas grazas ás súas familias por ponernos tan doado a reunión con eles.

XOSÉ FONTENLA LEAL, O AMIGO DOS LIBROS

Imaxe
 Por fin compartimos o vídeo dos participantes no Reto a Casa de Fontenla Leal, actividade como sabedes organizada polo Equipo de Biblioteca e o EDLG do conservatorio.  Queremos dar as grazas a todos os alumnos e alumnas participantes, así como tamén aos profes que se animaron a achegarse á casa onde naceu este intelectual galego tan importante: Alba Amado Formoso, José Andrés Freire Blanco, Carmen Freire Blanco, Celia Freire Blanco, Noa López Armada, Manuel Seijas Lago, Ismael Freire Vilariño, Iago Medel Cendán, André García Vigo, Jimena García Fernández, Mario Santalla Rico, Gabriel Espada Gutiérrez, Paco San Ramón Calvo, Quique Agrelo Otero, Águeda Gutiérrez Escudero, Catuxa Pita Evia, Isabel Fernández Alvar, Begoña Álvarez Feal e Iria Rico Fernández.  Grazas tamén ás súas familias por animalos a participar e colaborar con nós!  No vídeo que está feito con moito agarimo para todos vós, poderedes coñecer un pouco da vida de Fontenla Leal, un home que a pesar das dificultades de nacer

XEOGRAFÍAS SONORAS: FIN DA NOSA VIAXE.

Imaxe
 Hoxe é a derradeira entrada de Xeografías Sonoras , a viaxe que fixemos durante este curso por sonidos do mundo e do tempo.  Para rematala ao grande, Iago ha querido compartir connosco un anaco das súas xeografías sonoras. Vai explicarnos nun vídeo e nunha preciosa carta por que lle gusta tanto o rock e envíanos un enlace a un tema do grupo de Ferrolterra  Pölisong  que lle encanta. Espera que vos guste. Á biblioteca tamén encántalle!. Fonte: Youtube Non deixedes de escoitar música.

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: 3 de xuño

Imaxe

Recomendacións para as vacacións

Imaxe
 

INFORMACIÓN SERVIZOS: PECHE DA BIBLIOTECA

Imaxe
          O último día de apertura da biblioteca será o luns  día  31  de  maio . Pregamos teñades previsto o posible material que necesitaredes durante as probas para emprestalo antes do peche.   Do  1   ao 18 de xuño  e de xeito extraordinario polas probas de acceso poderedes devolver o material emprestado na conserxería. Moitas grazas

Últimos días para completar o reto da casa de José Fontenla Leal

Imaxe
O prazo para superar o reto da Casa de Fontenla Leal remata! Este luns será o últimodía para atopar a casa de bibliógrafo que da nome a nosa Biblioteca e mandarnos unha foto ao email edlgxanviano@gmail.com. A vindeira semana publicaremos todas as fotos recibidas (son moitos os que xa superaron o reto) e repartiremos entre os alumnos e alumnas participantes, un pequeno agasallo como recordo da actividade.  Aproveitade esta última oportunidade de participar!

NOVIDADES: clarinete con piano

Imaxe
Tedes novidades en clarinete e piano: CA.P 118-121 (*R7164-7167) ou consultar a súa disponibilidade na  OPAC Saúdos  

Minimalismo VS Tecno

Imaxe
  Sintetizador Mogg O minimalismo é un dos moitos "-ismos" ou correntes artísticas que xurdiron no século XX. Na música o minimalismo xurdiu nos anos 60 en Nova York, os máis famosos dos primeiros compositores minimalistas son: La Monte Young, Terry Riley, Steve Reich e Philip Glass. Como mostra deste tipo de música escollemos Metamorfose de Philip Glass. Como podemos escoitar, os instrumentos acústicos clásicos son empregados por estes compositores e en canto á forma, o primeiro que destaca é que os recursos harmónicos melódicos e rítmicos son moi poucos, poderiamos dicir que esta música non se move, harmónicamente falando. Non pasa nada ou case nada. A repetición e as lentas transformacións temáticas son as principais características deste estilo musical, pero con isto exprésanse ambientes e sensacións que non se poden expresar doutro xeito. Tamén é arredor dos anos 60 do século pasado cando aparecen os primeiros instrumentos electrónicos. Algúns dos primeiros foron o sinte

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: Raquel Andueza, 20 de maio, 20:30, Auditorio de Ferrol

Imaxe
 

PRESENTACIÓN 21 de maio: "Guitarra Galega"

Imaxe
  A presentación é via Facebok de Através, e tamén via Youtube: https://www.youtube.com/c/AtravésProdutora/videos

NOVIDADES: AULA DE SECUNDARIA

Imaxe
  Xa tedes o derradeiro número da revista Aula de secundaria (maio-xuño 2021) para a súa lectura en sala.

NOVIDADES EN FRAUTA

Imaxe
 Temos novidades en Frauta soa: Pictures for solo flute , de Esteban Zapata. Podes atopalo en FR.S 9 (*R7148) ou consultalo na  OPAC

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: 20 de maio

Imaxe
20 de maio, Teatro Jofre Fonte:  LA GALANÍA | Sociedad Filarmónica Ferrolana (filarmonicaferrolana.gal) LA GALANÍA Raquel Andueza, Soprano Jesús Fernández Baena – Tiorba Pablo Prieto – Violín David Mayoral – Percusión Programa: BIRTHDAY PARTY! Pedimos a nuestros más de 15.000 seguidores de nuestras redes sociales que fueran ellos los que confeccionaran nuestro programa del décimo aniversario de Raquel Andueza & La Galanía, eligiendo sus obras favoritas de nuestro repertorio habitual. Las más votadas han sido las que conforman este precioso programa lleno de claroscuros barrocos, con las obras más apasionadas, divertidas, dramáticas, amorosas, sensuales y bellas que hemos interpretado en estos diez años.: Merula, Cesti, Lully, Montseverdi, Ferrari…

RECOMENDACIÓN: PORTICO DO PARAÍSO

Imaxe
 Fonte:   FORMA ANTIQVA - Pórtico do Paraíso (porticodoparaiso.com)  O Festival Internacional de Música "Pórtico do Paraíso" xa va pola súa XIV edición.  Esperamos que sexa de voso interese.

XEOGRAFÍAS SONORAS: SANTIAGO DE COMPOSTELA

Imaxe
Fonte:  Santiago de compostela - Bing images  Estamos preto do 17 de maio, Día das Letras Galegas en que Galicia honra as súas Letras e á súa Lingua. Por que non facer unha entrada dedicada a Galicia onde se mesturaran galego e música?. Tamén 2021 é  Ano Xacobeo e Santiago é un símbolo internacional. Por todo isto, segundo os ingredientes da receita, hoxe escoitaremos o tema "Chove en Santiago" de Luar na Lubre.   A letra do tema é de Federico García Lorca (1898-1936), quen interesouse por esta terra e, tras visitala en varias ocasións e quedar prendado de Santiago, escribiu " Seis poemas galegos " en 1935 (Nós, nº 35) en lingua galega. Por se tedes curiosidade, podedes clicar no seu título e ler as letras que ante todo resultan entrañables, como o dedicado a Rosalía de Castro.  Non vos lembran aos seus  Arrolos á cebola ?.    " A mi llegada a Galicia, ellas [las "fuerzas formidables" de Compostela y el paisaje] se apoderaron de mí en forma tal que

HOXE NO JOFRE

Imaxe
  Fonte:  Eventos Teatro Jofre THE MELANCHOLIC BACH Xoves 13 de maio ás 20:00h. Música para viola dá braccio e clavecín de Johann Sebastián Bach (1685-1750) Emilio Moreno, viola de braccio Aarón Zapico, clave   Agenda de eventos por ciudad - Ataquilla.com - Venta de entradas

NOVIDADES EN HISTORIA DA MÚSICA

Imaxe
 Temos un novo libro de Patricia García Sánchez: " La música durmiente. Quince compositoras de la historia ".  Podes atopalo en H.M/GAR/mús (*R7150) ou consultar a súa disponibilidade na  OPAC

NOVIDADES EN CLARINETE

Imaxe
  Os clarinetistas estades de celebración. Tedes moitas novidades: Fritz Kroepsch, Mini Kroepsch (CA.E 50-52) *R7154-56. F. Devienne, Deuxième Sonate (CA.P117) *R7153 Carl Nielsen, Fantasy (CA.P116) * R7152 Kovács, Hommages (CA.S9) * 7160 Marcos Ivorra, Clarinete Elemental 3 Vols. (CA.M 32-34) *R7157-59 Test Pieces for orchestral auditions para clarinete (CA.O 15) *7151 Kalmen Opperman, Studies for the clarinet (CA.E 55) *R7161 J.B.Albert, escalas y ejercicios (CA.E54) *R7162 Kovács, Ejercicios de escalas para clarinete (CA.E 53) *R7163 Podedes consultar a disponibilidade na  OPAC

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: material dos Encontros

Imaxe
 Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia Os pasados 15 e 16 de abril tiveron lugar os tradicionais Encontros de Bibliotecas Escolares na red. No enlace poderedes consultar todos os materiais.   Non deixedes de escoitar a intervención de Irene Vallejo, unha voz que cómpre escoitar nestos tempos. Enlace aos materiais dos Encontros

XEOGRAFÍAS SONORAS: PUNK

Imaxe
  Punk  Lixo, escoria, lixo, preguiceiro, desprezable, sucio ... este é o significado despectivo que se atribuían a si mesmos os membros deste movemento-tribo urbano. O movemento punk comezou oficialmente a mediados dos 70 en Nova York? ou no Reino Unido? ... hai quen di que en realidade, pero isto é menos sabido, comezou en Perú cun grupo que orixinalmente se chamaba os Saícos, pero seu nome orixinal era Los Sádicos aos que eliminaron a letra D para que soase como en inglés Psycho, é dicir, psicótico. A súa canción máis famosa é "Demolición" e, por suposto, a cantaron en español. Este grupo é considerado un precursor do punk primeiro polas súas letras subversivas e antisociais (a pesar de ser anterior ás protestas estudantís do 68), pero tamén por ter unha técnica instrumental moi pobre e un xeito de cantar moi punk. Escoita o seguinte vídeo e xulga. Pero sen dúbida comeza a primeira e máis importante onda punk do mundo, como dixemos anteriormente, a mediados dos 70 e creo q

NOVIDADES: EUFONÍA87, a música en tempos de COVID-19

Imaxe
 Xa está dispoñible para o seu empréstito o derradeiro número de Eufonía . Atoparédelo moi interesante porque xira en torno á música en tempos de COVID-19. Podedes atopalo en R.M euf87 (*R7147) .