XOSÉ FONTENLA LEAL, O AMIGO DOS LIBROS


 Por fin compartimos o vídeo dos participantes no Reto a Casa de Fontenla Leal, actividade como sabedes organizada polo Equipo de Biblioteca e o EDLG do conservatorio.

 Queremos dar as grazas a todos os alumnos e alumnas participantes, así como tamén aos profes que se animaron a achegarse á casa onde naceu este intelectual galego tan importante: Alba Amado Formoso, José Andrés Freire Blanco, Carmen Freire Blanco, Celia Freire Blanco, Noa López Armada, Manuel Seijas Lago, Ismael Freire Vilariño, Iago Medel Cendán, André García Vigo, Jimena García Fernández, Mario Santalla Rico, Gabriel Espada Gutiérrez, Paco San Ramón Calvo, Quique Agrelo Otero, Águeda Gutiérrez Escudero, Catuxa Pita Evia, Isabel Fernández Alvar, Begoña Álvarez Feal e Iria Rico Fernández.

 Grazas tamén ás súas familias por animalos a participar e colaborar con nós!

 No vídeo que está feito con moito agarimo para todos vós, poderedes coñecer un pouco da vida de Fontenla Leal, un home que a pesar das dificultades de nacer dentro dunha familia moi humilde que tivo que emigrar a Cuba, loitou durante toda a súa vida pola nosa cultura galega. A música que soa de fondo, é como sabedes o noso Himno Galego, na recente e fermosa versión do alumnado de 4º GE de Linguaxe Musical, baixo a coordinación da súa profesora Catuxa Pita.
 
 Pensamos que é fundamental que as novas xeracións coñezan figuras tan importantes como a de Fontenla Leal que forman parte da nosa historia e patrimonio cultural, polo que nos sentimos moi orgullosas de poder axudar a difundir a súa figura entre o noso alumnado e entre toda a nosa comunidade educativa.

 A continuación compartimos unhas fotos dos participantes e dos agasallos que recibiron ao longo desta última semana de clases.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS