XEOGRAFÍAS SONORAS: SANTIAGO DE COMPOSTELA

 Estamos preto do 17 de maio, Día das Letras Galegas en que Galicia honra as súas Letras e á súa Lingua. Por que non facer unha entrada dedicada a Galicia onde se mesturaran galego e música?.
Tamén 2021 é Ano Xacobeo e Santiago é un símbolo internacional. Por todo isto, segundo os ingredientes da receita, hoxe escoitaremos o tema "Chove en Santiago" de Luar na Lubre. 

 A letra do tema é de Federico García Lorca (1898-1936), quen interesouse por esta terra e, tras visitala en varias ocasións e quedar prendado de Santiago, escribiu "Seis poemas galegos" en 1935 (Nós, nº 35) en lingua galega. Por se tedes curiosidade, podedes clicar no seu título e ler as letras que ante todo resultan entrañables, como o dedicado a Rosalía de Castro.  Non vos lembran aos seus Arrolos á cebola?.
 
 "A mi llegada a Galicia, ellas [las "fuerzas formidables" de Compostela y el paisaje] se apoderaron de mí en forma tal que también me sentí poeta de la alta hierba, de la lluvia alta y pausada. Me sentí poeta gallego, y una imperiosa necesidad de hacer versos, su cantar me obligó a estudiar a Galicia y su dialecto o idioma, para lo maravilloso es igual". [1]
 
 O primeiro deles é o "Madrigal á cibdá de Santiago" (dedicado a Martínez Barbeito) cuio primeiro verso da título ao tema:
Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a baleira lúa.

Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Some e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.

 Alberto Gambino xa os había musicado (Claudina e Alberto Gambino, Danza na Lúa, 1986) mais foi con "Luar na Lubre" e o seu tema "Chove en Santiago" que alcanzaron sona.

 A versión elixida conta coa colaboración de Ismael Serrano. Esperamos que vos guste:

Fonte: youtube

[1] Federico García Lorca, Federico García Lorca, Obras 2, edición de Miguel García Posadas. Declaracións en Buenos Aires, outubro, 1933.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS