Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ecoloxía

Día Internacional dos Bosques

Imaxe
Sabes, de verdade, como funcionan os bosques? Nun bosque todo está conectado. Pero ademais, todas as persoas tamén están conectadas cos bosques. E, sen dúbida, o bosque é a nosa casa. Entra neste libro e descubrirás unha cantidade tan grande de cousas sorprendentes (e que moi pouca xente coñece) que te converterás nun especialista forestal. Garantía! Con  O bosque é a nosa casa  atoparedes moita información.

Estamos de celebración! 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares :D

Imaxe
  Dende 1997 celébrase o  Día das Bibliotecas  o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.   O lema deste ano, " Por un futuro sostible ", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todos os rapaces, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares...