Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Música

Agasallo moi especial de Solomiia Savchuk ❤️

Imaxe
  ❤️Hoxe queremos darlle as grazas a nosa alumna Solomiia Savchuk, por un agasallo moi especial para o conservatorio: a doazón dun precioso libro de piano con pezas da tradición musical ucraína, que pasará a formar parte da nosa biblioteca José Fontenla Leal. Solomiia foi a primeira alumna ucraína do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, e dende a súa chegada, emocionounos coa súa fermosa voz, co seu talento e, sobre todo, coa súa enorme calidade humana, deixando unha pegada fonda entre toda a comunidade educativa. Agora tócalle continuar o seu camiño musical noutro lugar. Grazas, Solomiia, por compartir connosco a túa música e a túa cultura. Moita sorte no teu futuro!❤️

“Nicolás Guillén. Selección poética”: musicalidad y ritmo por doquier

Imaxe
Autor: Nicolás Guillén Ilustrador: Nelson Villalobos Editorial: Ediciones Iamiqué – Kalandraka , 2014 Edad recomendada: desde el vientre materno y para toda la vida Trece Lunas Trece poemas en cada libro, trece poemas como trece lunas, como los trece meses del calendario lunar. La luna, ese ser cambiante que muda su cara de espejo circular. Señora de las mareas, astro de la fecundidad. Ritmos lunares para dar medida al tiempo, al tiempo poético. De este modo preparan los tambores Federico Martín Nebras y Antonio Rubio para que nos dejemos envolver por la poesía sonora de Nicolás Guillén. Canciones, retahílas, adivinanzas, juegos de preguntas y respuestas, pincelados de repeticiones, anáforas, palabras fragmentadas, onomatopeyas, aliteraciones, jitanjáforas, diminutivos y aumentativos, invitan a degustar el lenguaje en voz alta al son de la música moviendo el cuerpo. La selección literaria que realizaron los compiladores se vuelve un banquete exquisito para explorar la poesía lúdica de...

Sofía Novoa, a galega que puxo música á Xeración do 27

Imaxe
  Imaxe da Residencia de Señoritas, versión para mulleres da Residencia de Estudantes. Conviviu coa Xeración do 27 a través da música. A galega  Sofía Novoa  trabou amizade cos grandes protagonistas daquel grupo cultural como Dalí, Lorca ou Buñuel. Nacida en  Vigo  en 1902, tivo unha vida apaixonante, na que se integrou na intelectualidade de Madrid e, tras padecer o exilio  republicano , se consagrou como catedrática en  Nova York . Sofía Novoa. O pai de Sofía,  Joaquín Novoa Barros  era xerente dunha consignataria viguesa e un activo político de esquerdas. Foi colaborador do xornal “A Loita”, amigo persoal de Pablo Iglesias e presidente da  Conxunción Republicano-Socialista  de Vigo. Entre as amizades de Don Joaquín estaba tamén o fillo da xurista Concepción Arenal, Fernando García Arenal, enxeñeiro de camiños e profesor que foi un gran renovador da Escola de Artes e Oficios. Era, á súa vez, amig...

Contacontos e charla con Isabel Ramos Breijo. Na nosa biblioteca o 10 de decembro ás 17:00 h.

Imaxe
O día 10 de decembro ás 17:00 h. , teremos a visita na biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño, da escritora galega ... 🌟📖🖋 Isabel Ramos Breijo (Puente de Mera, Ortigueira, 1971).  Amante da escritura dende moi nova, comezou no mundo do teatro con Roberto Leal, incorporándose posteriormente ás escolas de teatro de Narón con Luis Ramos, onde participou durante varios anos como membro activa do grupo TEN, co que representou varias obras. Nese grupo coñeceu a María Jesús Guillén (Fusa), coa que fixo o curso de perfeccionamento.  Colabora con diversas asociacións culturais e publicou os seus primeiros relatos na revista literaria Amigos de la poesía y la literatura de Narón. Tamén participa en varios obradoiros de escritura, entre eles Pluma Encendida . Forma parte como membro moi activo da Asocación Gallega de Escritores ( AGER ). Presentou o seu primeiro libro de relatos "Hasta el infinito y más allá" no ano 2022 e un ano despois, a novela negra/policíaca "El s...

Concerto Teatro Jofre 4 de decembro ás 20:30 h. Le Grand Tango / Domenico Codispoti & Esteban Ocaña

Imaxe
  CONCERTOS ORGANIZADOS POLA ASOCIACIÓN FILARMÓNICA FERROLANA 2025/26 Concerto no Teatro Jofre, o 4 de decembro ás 20:30 h.  Le Grand Tango  Domenico Codispoti & Esteban Ocaña PROGRAMA : Tangata Suite Porteña Verano Porteño Le Grand Tango Milonga del Ángel Adiós Nonino Michelangelo 70 Links https://legrandtango.com https://domenicocodispoti.net https://www.instagram.com/esteban.o.molina

II CONCURSO DE POSTAL DE NADAL MUSICAL. ORGANIZA A BIBLIOTECA JOSÉ FONTENLA LEAL DO CMUS XAN VIAÑO

Imaxe
 XA PODEDES PARTICIPAR !!! TEDES O BUZÓN NA BIBLIOTECA PARA DEPOSITAR AS VOSAS CREACIÓNS. A POSTAL GAÑADORA CO 1º PREMIO FARASE PÚBLICA NA PÁXINA WEB DO CENTRO E TAMÉN SE ENVIARÁ ÁS FAMILIAS POR CENTROS NET PARA FELICITAR O NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. LEMBRADE LER BEN AS BASES, SOBRE TODO EN RELACIÓN Á LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS. SE TEDES ALGUNHA DÚBIDA, PREGUNTADE A UN DOCENTE DE GARDA QUE ESTEA NA BIBLIOTECA OU Á COORDINADORA NO AULA 15, SORAYA. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!! 

1º Concerto da temporada Sociedade Filarmónica Ferrolana

Imaxe
  Tedes o listado en conserxería para poder ir ao concerto de balde, grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, que fai doazón de entradas para alumnado e docentes que queiran asistir. 

Gaita e zanfona brilan no concerto de María López

Imaxe
Gaita e zanfona brilan no concerto de María López I. VALERIO Presentó su primer disco, Daydreaming El Café Teatro del Pazo da Cultura de Narón se llenó el pasado domingo para acoger la presentación de  Daydreaming , el primer disco de la joven multiinstrumentista naronense María López Carballo. En un ambiente íntimo y cargado de emoción, la artista alternó la gaita y la zanfona a lo largo de su actuación, interpretando las doce piezas que integran el álbum, todas ellas arregladas por ella misma. Uno de los momentos más especiales de la velada fue la colaboración del grupo de música tradicional Canavella, que acompañó a María en la interpretación del clásico  Amazing Grace . Con  Daydreaming , fruto de más de un año de trabajo compaginado con sus estudios universitarios, López busca dar visibilidad a instrumentos como la gaita y la zanfona, demostrando su versatilidad más allá de los géneros tradicionales. A sus 20 años, la artista cuenta ya con una brillante trayectoria q...

Parabéns Álex Armán, Premio extraordinario 23/24

Imaxe
Alex Armán, piano Nesta ocasión dámoslle os parabéns a Álex Armán, alumno que cursou os seus estudos profesionais de piano no CMUS Xan Viaño de Ferrol, e que acaba de recibir o Premio extraordinario na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais no ámbito de música na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2023/24. Parabéns a Álex por este merecido recoñecemento, froito de moito talento e traballo ao longo de todos estes anos no Xan Viaño. Parabéns tamén ao seu profesor de piano Miguel Sancho, que o acompañou e veu crecer dende neno como músico e como persoa.

Unha ferrolana que viaxa polo mundo coa sua frauta. Ariadna Landrove, frauta travesa.

Imaxe
  Ariadna Landrove, antiga alumna de frauta travesa, do CMUS Xan Viaño Nesta ocasión falamos de Ariadna Landrove que realizou os seus estudos no Xan Viaño, especializándose en frauta travesa. Tamén lle damos os nosos parabéns e esperamos que teña moito éxito na sua viaxe musical. Deixamos ligazón para poder ver un artigo publicado en La Voz de Galicia .

Zavala anuncia o lanzamento do seu segundo disco. Carla Romalde, antiga alumna do Xan Viaño !!

Imaxe
  Grupo Zavala coa antiga alumna do Xan Viaño, Carla Romalde, frauta travesa e canto. Da moito gusto anunciar estas novas de alumnado que pasou polo Xan Viaño e que prosiguen coa música. Neste caso, Carla Romalde, xunto cos seus compañeiros, presentan o seu novo disco Pequeno Manual Para Grandes Cambios II (Teoría e Práctica) .  Parabéns polo novo lanzamento a este grupo musical tan valente. Esperamos que teñades moitos éxitos e que nos sigades a compartir moi boa música e talento. Deixamos aquí a ligazón para que vexades un artigo publicado en La Voz de Galicia , falando do seu novo disco. Equipo de Biblioteca do CMUS Xan Viaño

Rosa Cedrón ingresa na Academia de Belas Artes con discurso e concerto no Conservatorio da Coruña

Imaxe
  A ceremonia celebrarase este sábado a mediodía nun acto no que Juan Pedro Durán será o encargado de dar resposta á intérprete. A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrará mañá sábado, 21 de decembro, unha sesión extraordinaria pública para a recepción da nova académica numeraria da sección de  Música   Rosa Cedrón   Fernández. Será no auditorio do Conservatorio Profesional de Música da   Coruña   ás doce do mediodía nun acto no que a cantante pronunciará un discurso que levará por título “Entre dous mares: Do mundano ao transcendental”. Non só falará, senón que, ademáis, interpretará varias pezas musicais da súa traxectoria. En nome da Academia que preside Manuel Quintana Martelo daralle a benvida e resposta o tamén académico, músico e compositor Juan Pedro Durán nun encontro ó que está previsto asistan numerosas autoridades, entre elas a presidenta do   Consello da Cultura Galega , Rosario Álvarez, ademáis de representantes e c...

Sabías que as teas de araña fan música? Aquí podes escoitala

Imaxe
  O proxecto Spider's Canvas, formado por enxeñeiros, compositores e artistas, traduce a estrutura das redes en sons e melodías Corte transversal de una tela de araña, de donde se extrae un mapa tridimensional que luego se transforma en música. Markus Buehler (otros) As arañas son animais que dependen do tacto para sentir o mundo arredor delas. Os seus corpos e patas están cubertos de pequenos pelos que poden  distinguir entre diferentes tipos de vibracións : non é o mesmo unha presa que tropeza coa tea de araña que outra que chega para cortexar. Cada febra dunha rede produce diferentes tipos de variacións Para ilustrar esta linguaxe vibratoria e comprender mellor a arquitectura tridimensional dunha tea de araña, creouse un  equipo multidisciplinar formado por enxeñeiros, compositores musicais e artistas visuais  para dar forma ao proxecto  Spider’s Canvas . Neste, cada paso de creación da rede é traducido en música, de forma que as notas cambian a medida que mu...

Concerto de Fin de Ano Filharmónica de Berlín con Kirill Petrenko y Danill Trifonov

Imaxe
A   Filarmónica Ferrolana   únese á iniciativa musical do   DUPLEX Cinema   na retrasmisión en directo do   Concerto de Fin de Ano da Filharmónica de Berlin. «Tenno todo e aínda máis: delicadeza, pero tamén o elemento demoníaco. Nunca escoitei nada semellante", declarou asombrada Martha Argerich sobre Daniil Trifonov. Para rematar o ano, esta estrela do piano interpreta xunto á Filarmónica de Berlín e Kirill Petrenko o monumental Concerto para piano núm. 2 de Johannes Brahms. Seguirán as obras de danza espléndidamente instrumentadas de Richard Strauss: os valses de Der Rosenkavalier e a Danza de Salomé, que irradia unha sensualidade ofensiva.     O evento terá lugar o 31 de decembro de 2024 ás  17:30h no   DUPLEX Cinema Ferrol Boas novas para todos os socios da Filarmónica Ferrolana xa que terán  a sua disposición, 20 entradas gratuitas para asistir a este memorable concerto.  

Navantia Ferrol Ilumina

Imaxe
  NAVANTIA FERROL ILUMINA Trátase dun espectáculo de Luz e Son que Navantia creou no Astilleiro Ferrol. Grazas a esta aplicación podédesvos apuntar en "Unirte al evento". Unha vez fagas click, ao finalizar a cuenta atrás, desfrutaredes da música sincronizada dende o voso dispositivo co espectáculo luminoso das grúas.  Recoméndase empregar auriculares para unha mellor experiencia. Para observar este espectáculo, recomendan facelo dende os Jardines de Herrera así coma o Mirador do Parador de Ferrol.  Podedes premer aquí para ver a súa localización . Navantia Ferrol Ilumina dispón dunha programación especial tanto polas navidades 2024-25 como para datas sinaladas. Na sección axenda publicarán novos eventos. Preme aquí para máis información.

Súmate ao reto do Equipo de Dinamización de Lingua Galega do Xan Viaño !!!

Imaxe
"Serei eterna se me levas nos beizos" Súmate ao noso reto e fala galego!  Un pequeno paso para unha persoa, un gran salto para a nosa lingua. Na semana do 18 ao 25 de novembro, reto pola nosa lingua no Xan Viaño! Preme na imaxe para máis información:    Instagram do EDLG

Estamos de celebración esta semana: SANTA ICÍA, PATROA DOS MÚSICOS !!!

Imaxe
SANTA ICÍA, PATROA DOS MÚSICOS  Santa Icía de Roma Coñezamos un pouco a historia de Santa Icía. Santa Icía é unha das mártires máis veneradas polos cristiáns e está representada tocando un instrumento musical ou cantando. A Igrexa católica celébrao o 22 de novembro para conmemorar a súa morte. En 1594 o papa Gregorio XIII nomeou a Santa Icía patroa dos músicos. Conta a lenda que esta santa, que procedía dunha familia nobre de Roma, adoitaba facer penitencia e consagrou a súa virxindade a Deus. Porén, o seu pai obrigouna a casar cun mozo chamado Valeriano. Cando os recén casados ​​estaban no cuarto, santa Cecilia díxolle a Valeriano: “Teño que contarche un segredo. Debes saber que un anxo do Señor vela por min. Se me tocas coma se fose a túa muller, o anxo enfadarase e ti sufrirás as consecuencias; Por outra banda, se me respectas, o anxo quererache como me ama a min.” O marido pediulle que lle amosase o anxo e que faría o que ela pediu. Por iso, Cecilia díxolle que se crí...