Zavala anuncia o lanzamento do seu segundo disco. Carla Romalde, antiga alumna do Xan Viaño !!
Grupo Zavala coa antiga alumna do Xan Viaño, Carla Romalde, frauta travesa e canto.
Da moito gusto anunciar estas novas de alumnado que pasou polo Xan Viaño e que prosiguen coa música. Neste caso, Carla Romalde, xunto cos seus compañeiros, presentan o seu novo disco Pequeno Manual Para Grandes Cambios II (Teoría e Práctica).
Parabéns polo novo lanzamento a este grupo musical tan valente. Esperamos que teñades moitos éxitos e que nos sigades a compartir moi boa música e talento.
Deixamos aquí a ligazón para que vexades un artigo publicado en La Voz de Galicia, falando do seu novo disco.
Equipo de Biblioteca do CMUS Xan Viaño
Comentarios
Publicar un comentario