Ainhoa Arteta. Sábado 8 de marzo de 2025 ás 20:30 h. Auditorio de Ferrol
AINHOA ARTETA, soprano
JAVIER CARMENA, piano
Obras de:
Fauré
Puccini
Antón García Abril
Obradors
de Falla
Giménez
Granados
Este vindeiro 8 de marzo, a Filarmónica Ferrolana presenta un evento excepcional que marcará un fito na nosa tempada: a actuación da soprano Ainhoa Arteta.
A súa carreira despegou tras gañar importantes certames internacionais como as Audicións do Consello Nacional da Ópera Metropolitana en 1990 e Operalia, fundada por Plácido Domingo, en 1993. A partir de entón, a súa presenza nos principais teatros de ópera do mundo foi constante: Ópera Metropolitana de Nova York, Covent Garden de Londres, Scala de Milán, Bayerische Staatsoper de Múnic, Verona Arena, entre moitos outros. Realizou papeis principais en óperas como La Bohème, Tosca, Carmen, Turandot, Don Giovanni, Falstaff, Manon Lescaut, La Wally, entre moitas outras.
Arteta cultivou os recitais, interpretando lied e cancións españolas, e participou en zarzuelas e outros proxectos musicais. A súa versatilidade levouna a colaborar con artistas doutros xéneros e a participar en proxectos de cine e televisión. Co seu inigualable carisma e voz potente, ofreceranos un recital que percorrerá algunhas das páxinas máis fermosas da música vocal.
Acompañada ao piano polo mestre Javier Carmena, interpretará un repertorio exquisito que vai dende a delicadeza do romanticismo francés até a paixón do verismo italiano, pasando pola riqueza do cancioneiro español.
Links
Comentarios
Publicar un comentario