Parabéns Álex Armán, Premio extraordinario 23/24
Alex Armán, piano
Nesta ocasión dámoslle os parabéns a Álex Armán, alumno que cursou os seus estudos profesionais de piano no CMUS Xan Viaño de Ferrol, e que acaba de recibir o Premio extraordinario na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais no ámbito de música na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2023/24.
Parabéns a Álex por este merecido recoñecemento, froito de moito talento e traballo ao longo de todos estes anos no Xan Viaño. Parabéns tamén ao seu profesor de piano Miguel Sancho, que o acompañou e veu crecer dende neno como músico e como persoa.
Comentarios
Publicar un comentario