Un equipo da UVigo logra asentar en Corrubedo unha tartaruga en perigo de extinción
As análises de ADN confirman unha "reducida diversidade xenética" que podería comprometer a viabilidade do grupo a longo prazo Unha tartaruga liderada polo equipo da UVigo na lagoa de Olveira. Foto: Adolfo Cordero No ano 2004, en equipo da Universidade de Vigo (UVigo) incorporou sete crías da tartaruga europea ( Emys orbicularis ) no Parque Natural de Corrubedo . O obxectivo desta iniciativa promovida pola Xunta era a reintrodución da especie —considerada en perigo de extinción no catálogo autonómico— nun hábitat no que estivera presente historicamente. Nos seis anos seguintes, o grupo incorporaba ás lagoas outras oito crías e cinco exemplares adultos. Tras un exhaustivo traballo de seguimento e avaliación, vense de constatar o aumento da poboación de tartaruga europea en Corrubedo. Os labores de vixilancia e control permitiron comprobar como o número de sapoconchos presentes nunha poza do complexo dunar se mantiña estable ata 2018 , con cifras q...