Algúns traballos pedagóxicos sobre o valor e o papel psicofísico desempeñado polos exercicios corporais exerceron unha notable influencia na pedagoxía musical e, dende fai uns cen anos, ésta enriqueceuse con valiosas experiencias e con novas e axeitadas suxerencias para favorecer o desenrolo musical da infancia. Neste sentido e na súa materia, a presente é unha das obras máis significativas da nosa época e o seu tema é tratado cunha rara habilidade, tanto técnica, como anímica, analítica e emotiva. O autor, tras analizar os distintos modos de audición e o que el chama «a intelixencia auditiva», intenta crear relacións entre as sonoridades e os movementos e establecer analoxías entre a comprensión e o esforzo constructivo, entre a sensibilidade e a intelectualidade dos nenos, entre o alumno e o profesor, entre a ciencia e a vida. Todo elo, exponse de xeito moi claramente ordeado, nun estilo salpicado de vívidas imaxes e animado con singulares cualidades de observación, de penetración ps