Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Oficios tradicionais

Campaneiro, coroceiro e muiñeira: unha exposición retrata profesións galegas tradicionais en desaparición

Imaxe
A mostra foi elaborada por máis de 30 estudantes e poderá visitarse no Museo Etnolóxico de Ribadavia ata abril de 2027 A exposición pon en valor sete oficios tradicionais galegos en risco de extinción. Imaxe: cedida por Raúl Gómez O paso do tempo adoita vir da man do cambio : novas necesidades, ferramentas e coñecementos. O desenvolvemento das industrias está repleto de moitos ‘novos’, e no medio de todos eles algúns ‘antigos’ van quedando atrás. Coa estandarización do cinema dixital, os operadores de cámaras tradicionais van en declive; cando as aldeas quedan baleiras, xa non se precisa dalguén que faga soar as campás; cando a visita dun electricista está a unha chamada de distancia, a figura do home da luz vólvese obsoleta. O paso do tempo foi levando diferentes profesións ao borde da desaparición . Agora, unha exposición no Museo Etnolóxico de Ribadavia recolle estes oficios tradicionais da voz e testemuña de quen os practicou. Sete persoas contan a súa experiencia como ferreiro, ar...