Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2015

NOVO FONDO: CADERNOS DE MÚSICA PARA DISCAPACIDADES

Imaxe
 A Fundación Música Abierta fíxonos entrega dun exemplar da colección de " Cuadernos de música para discapacidades " e o CD " Música Abierta ".  Xa o temos incorporado aos nosos fondos bibliográficos e así se poderá traballar con alumn@s (discapacitados ou non) que desexen afondar nas estéticas contemporáneas.  Podedes atopalo na materia de Recursos Musicais: R.M 44(0-12).  Tríptico informativo:   Anverso  y  Reverso

CATÁLOGO DE PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS

Imaxe
Desde onte un ficheiro co catálogo das Publicacións Periódicas disponibles na biblioteca estará na mesa do profesor encargado a disposición dos usuarios.   Fontes especializadas comentan que unha confusión coa nosa signatura "Percusión e piano" é imposible ao ter unha localización diferente na biblioteca, ser de diferente natureza (non son partituras) e non poder emprestarse. As revistas con moitos números que pola súa edición poden almacenarse cómodamente en andéis atoparédelas na balda da foto da dereita (tamén por orde alfabética). As demáis Publicacións Periódicas atópanse no caixón correspondente a súa inicial nos revisteros (lembrade que para a catalogación os artigos non se ten en conta).                                Revisteros                        Balda coas Publicacións 

25 NOVEMBRO: ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
    Fonte: YouTube.com   Para saber un poco máis: Naciones Unidas

22 DE NOVEMBRO: DÍA DA MÚSICA E DOS MÚSICOS

Imaxe
Este ano celebramos este día tan especial cunha grabación histórica. Fonte: YouTube Glenn Gould, Variaciones Goldberg BWV 988. Aria da Capo (1981)   Parabéns a tod@s

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Imaxe
 Os pasados días 20 e 21 de novembro tiveron lugar as VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Desde a Asesoría de Bibliotecas irán colgando os materiais en redeBE . Non deixades de ver a intervención de Xurxo Mariño: " Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo ". 

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Imaxe
  Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia Nos vindeiros 20 e 21 de novembro celebraranse en Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA , unha actividade de formación permanente do profesorado, organizada conxuntamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (a través do CAFI). Agárdase a asistencia dun milleiro de profesoras e profesores de toda Galicia, coma en anos anteriores.    O programa previsto contempla un bo feixe de experiencias de bibliotecas escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso 2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados por distintas bibliotecas escolares. Acudirán, así mesmo, expertos de distintos ámbitos que axudarán á reflexión sobre os novos retos que deben enfrontar as bibliote

CONFERENCIA A CARGO DE CRISANTO GÁNDARA: "Los cornetas que van al lado de los gefes"

Imaxe
Grazas ao noso reporteiro do ANPA, os que non tivemos a sorte de poder asistir podemos disfrutar da crónica da brillante conferencia que deu o noso compañeiro Crisanto Gándara Eiroa o pasado xoves.     O título da súa conferencia é cita dunha reseña ca que se atopou na súa investigación nun documento do século XIX cando aínda non estaba regulamentado o emprego das "g" e " j". Hai uns seis anos, e sen desvelar como chegou ás súas mans, veu a luz un cornetín dos que empregan os exércitos para indicar ás tropas ordes concretas. Mediante ese cornetín proporcionou ao público unha viaxe no tempo enlazando feitos históricos puntuais co instrumento. Falou da súa afinación, a razón do seu emprego nos exércitos... ata que chegou o intre en que desvelou que aquel cornetín en concreto fora encargado pola persoa responsable da banda militar de cornetas de Ferrol, e que o seu debut foi o 23 de marzo de 1883 para a procesión do venres do Santo Encontro.    Para

CONFERENCIA A CARGO DE LUCINIO MEDEL: "Xan Viaño, maís aló da vangardia musical"

Imaxe
  Facémonos eco da Conferencia que dará Lucinio Medel o vindeiro mércores 18 de novembro ás 20 horas na Sociedade Galega de Historia Natural. O seu título: "Xan Viaño, máis aló da vangarda musical".

XXIX EDICIÓN CONCURSO INTERNACIONAL DE PIANO "CIDADE DE FERROL"

Imaxe
 Fonte: web oficial    Adxuntamos o enlace para máis información: http://www.pianoferrol.com/

CICLO DE CONFERENCIAS

Imaxe
Fonte: CMUS Xan Viaño Facebook  O noso compañeiro Xosé Crisanto Gándara Eiroa , profesor de Historia da Música dará unha conferencia o vindeiro xoves 12 de novembro ás 19:30 na Sala Audiovisual da Biblioteca Central de Ferrol no Ciclo de Conferencias que organiza a "Sociedad Filarmónica Ferrolana". O seu título: " Los cornetas que van al lado de los Gefes: un instrumento ferrolano de 1883 ". Estamos tod@s invitad@s .

RECOMENDACIÓN DE NOVEMBRO: O PEQUE CORO DO XAN VIAÑO

Imaxe
Este é o resultado sonoro da gravación que fixo o Peque Coro o pasado Maio no Auditorio José Arriola do Cmus Xan Viaño de Ferrol polo noso compañeiro Sergio Pena.   A presentación do CD, coma sempre moi coidada,  inclúe no seu interior unha preciosa foto de todos os pequecoristas xunto con Catuxa Pita Evia (peque directora) e Alexandra Pita Evia (peque pianista). Chama a atención a marca de auga coa partitura do tema " No Viaño " e a póla dunha cerexeira que tanto significado teñen para o Coro.   Abaixo copiamos o seu contido, que como podedes ver inclúe pezas compostas por dous de nosos compañeiros (Bego e Teo).   Contenido 1. Canon de Bego. Begoña Álvarez co Trío Dumas: Martín Suárez Álvarez (violín), Marta Formoso Pico (chelo), Elisa Esperante Guimaré (piano) 2. Vamos Bebendo. Teo Ramírez 3. Dodi Li. Nira Chen. Arranxo de Dorren Rao 4. Si cien sierras. David Azurza 5. El perro de San Roque. David Azurza 6. No Viaño. Leonard Bernstein Saxof

PRESENTACIÓN DO CD DO PEQUE CORO GRAVADO EN MAIO

Imaxe
  O noso reportero do ANPA remítenos a crónica da presentación do CD do Peque Coro  que tivo lugar o pasado 24 de Xuño.  A directora do Peque Coro  Catuxa convocou aos pequecoristas para facer entrega do CD que gravaron en maio (no Auditorio José Arriola por Sergio Pena) así como da orla de fin de curso.  O ANPA agasallou a Catuxa e a Alexandra, e como non aos nenos e nenas, cunha tarta de chocolate co logo do Peque Coro polo seu quinto aniversario e que deuse boa conta dela.   Tarta agasallo do ANPA  Catuxa dedicou unhas palabras de agradecemento a todas as persoas que dunha forma ou outra fan posible que o coro siga adiante con tanto éxito. Tamén presentou o CD que con tanto agarimo fixérono.     Tamén quiso facer unha entrega especial á nosa compañeira e compositora da canción revelación da tempada o " Canon de Bego " Begoña Álvarez. Foi ovacionada cun gran aplauso.   Catuxa facendo entrega do CD a Bego  

ASOCIACIÓN MUSICAL MUSICREQUES

Imaxe
Fonte: https://www.facebook.com/AsociacionMusicalMusicreques/?fref=ts   O próximo mércores, en representación do CMUS Xan Viaño, Musicreques fará dous concertos didácticos para os escolares do Concello de Ferrol. Esperamos que lles guste moito o conto musical de "Iván e o lobo gris".   Para máis información: Asociación Musical Musicreques  e Concello de Ferrol

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Imaxe
Fuente: Bibliotecas escolares de Galicia Nos vindeiros 20 e 21 de novembro celebraranse en Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA , unha actividade de formación permanente do profesorado, organizada conxuntamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (a través do CAFI).   Para máis información e programa da actividade consultade:   Bibliotecas escolares de Galicia