CONFERENCIA A CARGO DE CRISANTO GÁNDARA: "Los cornetas que van al lado de los gefes"

Grazas ao noso reporteiro do ANPA, os que non tivemos a sorte de poder asistir podemos disfrutar da crónica da brillante conferencia que deu o noso compañeiro Crisanto Gándara Eiroa o pasado xoves.
 
 O título da súa conferencia é cita dunha reseña ca que se atopou na súa investigación nun documento do século XIX cando aínda non estaba regulamentado o emprego das "g" e "j".
Hai uns seis anos, e sen desvelar como chegou ás súas mans, veu a luz un cornetín dos que empregan os exércitos para indicar ás tropas ordes concretas. Mediante ese cornetín proporcionou ao público unha viaxe no tempo enlazando feitos históricos puntuais co instrumento.
Falou da súa afinación, a razón do seu emprego nos exércitos... ata que chegou o intre en que desvelou que aquel cornetín en concreto fora encargado pola persoa responsable da banda militar de cornetas de Ferrol, e que o seu debut foi o 23 de marzo de 1883 para a procesión do venres do Santo Encontro. 
 
Parabéns Crisanto e grazas

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL