Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Lingua Galega

Nomes galegos de aves de Galicia e de España

Imaxe
  A RAG estrea hoxe unha plataforma para a procura dos nomes de máis de 600 especies de aves. O buscador é froito do traballo conxunto de ornitólogos e lingüistas e permite realizar procuras pola denominación galega, a científica ou a familia á que pertenece cada ave. Moitas das entradas contan, ademais, con fotografías. Tedes toda a información  aquí .

Súmate ao reto do Equipo de Dinamización de Lingua Galega do Xan Viaño !!!

Imaxe
"Serei eterna se me levas nos beizos" Súmate ao noso reto e fala galego!  Un pequeno paso para unha persoa, un gran salto para a nosa lingua. Na semana do 18 ao 25 de novembro, reto pola nosa lingua no Xan Viaño! Preme na imaxe para máis información:    Instagram do EDLG

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL

Imaxe
🎄I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL🎄 Dende hoxe xa podedes participar no I Concurso Postal de Nadal Musical !!!  Está organizado polo Equipo de Biblioteca do Xan Viaño, en colaboración co Equipo de Dinamización de Lingua Galega .   Sabemos que tedes moitísimo talento así que esperamos que participedes, enchendo de moita felicidade, solidaridade, sorrisos, esperanza, etc., todo o que queirades transmitir na postal, mesturado cunha boa música.  Lembrade que a postal debe ter temática musical : a botarlle imaxinación ! 😊  ✐💬Se che apetece, podes deixarnos recomendacións musicais, preferiblemente de música clásica, para estas datas. Algunha receita de biscoitos típicos do teu lugar de orixe, galletas, etc., para compartir. E por suposto, algunha proposta lectora para acompañar. Pódelo compartir aquí como comentario neste blog ou ben nun buzón que se porá na biblioteca para esta finalidade. Aquí tedes as bases : 👀👀🎇 Lede ben as bases porque está todo ben deta...