Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta plambe

Peche para o curso 2024/2025 por cuestións de organización e xestión.

Imaxe
 

Novidades na biblioteca José Fontenla Leal

Imaxe
REPERTORIO PARA BANDA DE MÚSICA REPERTORIO PARA ACORDEÓN Deixamos aquí as últimas novidades na biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño que xa podedes consultar. Lembrade que están colocadas nas repisas de novidades.  Se tedes calquera dúbida ou queredes buscar algún fondo concreto, falade co ou coa docente de garda. Lembrade tamén que tedes un buzón para recibir as vosas suxerencias.  Moitas grazas. O Equipo de Biblioteca do Xan Viaño.

ENCONTROS PLAMBE 18-19: materiais

Imaxe
Fonte: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27323   " Carmen Pomar salienta a importancia das bibliotecas escolares no impulso da innovación educativa "   " A conselleira de Educación inaugurou a xornada conxunta dos Encontros PLAMBE Os Encontros reúnen a responsables e coordinadores das 679 bibliotecas escolares que participan no Plan de Mellora "   Fonte e noticia completa en: Portal Educativo da Xunta . Os materiais , para todo o interesado, podédelos atopar no enlace mais abaixo á Rede de Bibliotecas Escolares . En breve rematarán de colgalo Atoparedes charlas a cal mais interesante: robótica con tecidos, traballos de centros,... Recomendamos con todas nosas forzas a charla da periodista Rosa Mª Calaf " Aprendendo a pensar entre a mentira e o ruído ", unha marabillosa exposición sobre o poder dos medios de comunicación na opinión da xente, como se conta a historia así como sobre o dereito e a loita pola info...

ENCONTROS PLAMBE 18/19

Imaxe
  Fonte: Asesoría de bibliotecas escolares de Galicia    " Os vindeiros 21 e 22 de marzo celebraranse en Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondente ao curso 2018/2019, con intevención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas biblioteca, a literatura, a comunicación, o patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e mediáticas, a tecnoloxía educativa e a produción audiovisual. Ademais, presentaranse un total de 26 experiencias de centro de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler", voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector, Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos e outros). Neste ano de "poéticas diversas", a poesía estará presente da man de Mar Benegas, Montse Pena e Carlos Negro."   PROGRAMA   Alí estará a Biblioteca José Fontenla Leal

ESTUDO SOBRE BIBLIOTECAS ESCOLARES DO CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA

Imaxe
          Desde o  Consello Escolar de Galicia encargaron un estudo sobre as bibliotecas escolares na nosa comunidade, que se vai levar a cabo nos vindeiros meses, a través do ICE da Universidade de Santiago. Van facer chegar unhas enquisas a un número importante de centros (públicos e privados), e tamén a centros PLAMBE . Ademais, a uns 70 centros aproximadamente, van enviar persoas que van pasar a enquisa directamente e realizar entrevistas con responsable da biblioteca, equipo da biblioteca, equipo directivo, familias e alumnado.  Segundo parece, o estudo vai ter un carácter xeral, pero tamén vai recoller datos de forma específica sobre os centros PLAMBE.     Desde a Asesoría de Bibliotecas escolares cren que nestes días están empezando a chegar as cartas que envían desde o propio Consello Escolar de Galicia aos centros que van participar neste estudo, e que foron escollid...

Materiais dos Encontros PLAMBE15 e Ángel Carracedo

Imaxe
Os pasados 12 e 13 de marzo de 2015 celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2014/2015 , coa asistencia de 550 profesoras e profesores, responsables das bibliotecas escolares integradas neste programa da consellería.  En redEB , o espazo moodle de Bibliotecas Escolares de Galicia, están dispoñibles xa os materiais destes encontros, co fin de que os equipos de bibliotecas e todo o profesorado interesado poida acceder ás presentacións dos relatores e a outras informacións de interese sobre os contidos do programa.  Entre os materiais dispoñibles, a versión pdf do cómic VIVIR NO SOLO , con guión de Marilar Aleixandre, editado co gallo da celebración do ano 2015 como Ano Internacional dos Solos . Esta publicación, da Delegación Territorial da Sociedade Española da Ciencia do Solo en Galicia , coa colaboración do concello de Santiago de Compostela, foi distribuída nos encontros de forma que puidese chegar, en formato imp...

ENCONTROS PLAMBE 2015

Imaxe
   Os días 12 e 13 de marzo tiveron lugar en Santiago os "Encontros do Plan Mellora de Bibliotecas Escolares 2014-2015" (PLAMBE) e a Biblioteca "José Fontenla Leal" estivo alí. Neste enlace atoparedes os  Materiais dos encontros ; aínda non están os videos pero en breve publicarán e colgaremos o enlace. Cando estean non vos perdades o video de Ángel Carracedo.   Nos Encontros do Plan Mellora de Bibliotecas Escolares 2015 atopamos ao coordinador da Biblioteca de CMUS Profesional de Vigo, Feliciano Carbonell . Xa estamos a colaborar xuntos.   Un saúdo

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2014/2015

Imaxe
Os vindeiros 12 e 13 de marzo terán lugar en Compostela (Palacio de Congresos) os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares , unha cita anual do profesorado que coordina e representa aos equipos de bibliotecas escolares dos centros integrados neste programa. No presente curso participan deste Rede de bibliotecas escolares que supón o PLAMBE, un total de 550 centros distribuídos por toda a xeografía do país.   Coma en anos anteriores, a participación nos encontros será do seguinte xeito: 12 de marzo : responsables das bibliotecas dos 33 centros que se incorporaron ao PLAMBE na convocatoria de 2014. 13 de marzo : responsables do resto das bibliotecas do PLAMBE ata un total de 550.  O programa elaborado desde a Asesoría de bibliotecas escolares, en colaboración co CAFI (Servizo de Formación do Profesorado), conta coa presenza de expertos como Casildo Macías (coordinador da Rede de bibliotecas escolares de Extremadura, coautor do Marco de referenc...